Mañá sábado 3 de xuño, coincidindo coa data de nacemento de Ramón Cabanillas, entregarase o premipo que leva o seu nome, no Auditorio da Xuventude. O acto de entrega do premio iniciarase coa intervención de Xoan Silva e Blas, gañadores da pasada edición, e rematará coa actuación musical de Xaquín, Anxo e Roi Xesteira. Así mesmo, durante o desenvolvemento do mesmo, Manuel Núñez lerá algún poemas de Cabanillas.
O galardón deste ano entregaráselle a Xosé Ramón Pena, escritor, historiador da literatura galega e catedrático da Universidade de Vigo.