XIII CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS DO SALNÉS

XIII CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS DO SALNÉS

Cambados acollerá o próximo 6 de setembro a celebración da XIII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar coseguinte programa:

Domingo 6 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar napraza de Fefiñanes a apertura do parque pechado.
Ás 10.45 horas procederaseao peche do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo polos belos lugares da vila pontevedresa.
Ás 11.45 horas os asistentes poderán gozar cunha visita á adegaBouza do Rei, en Ribadumia, con degustación incluída, e ás 14.30 horas poñerán rumbo ao Restaurante Forniños, onde a partir das 14.55 horas se lles servirá un aperitivo e a continuación a comida.
Pola tarde, ás 18.30 horas, procederase no citado lugar á entrega de trofeos aos clubs participantes, e media hora máis tarde a concentración chegará á súa fin.

A nota musical da xornada estará a cargo do grupo Noite Fechada, que ofrecerá un concerto acústico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.