X RALLYE DO ALBARIÑO DE CLASICOS 2 E 3 NOVEMBRO “CAMBADOS”

X RALLYE DO ALBARIÑO DE CLASICOS 2 E 3 NOVEMBRO “CAMBADOS”

Os vindeiros días 2 e 3 de Novembro, o Club Clásicos Salnés organiza o X Rallye do Albariño de Clásicos, xa o décimo aniversario do evento, e que como sempre parte da bonita vila de Cambados. O rallye constará de 280 kms aproximadamente, circulando por estradas da provincia de Pontevedra e de A Coruña.

Vai ser un rallye diferente ao doutros anos, al mesturar múltiples opcións, como tramos con intensa navegación, planos, circuito e un tramo especial que vos contaremos máis adiante . E como non, a parte social está asegurada como sempre con, avituallamento ao iniciar en Panaderia A Modia, descansos en Kartodromo de Valga, en Valga, comida para recuperarse para a tarde, en Galipark Multiaventura, en Padrón, volvemos máis tarde outra vez para recuperarnos coller forzas, y tomar algo en Galipark Multiaventura, en Padrón, e a tradicional mariscada nos bonitos salóns da Bodega Aquitania, en Cambados.

PROGRAMA

  • Verificacións: Bodega Martín Códax.
  • Parque pechado: Praza de Fefiñáns, Cambados.
  • Parada a media mañá: Kartodromo de Valga, en Valga.
  • Comida: Galipark Multiaventura, en Padrón.
  • Aperitivo a media tarde: Galipark Multiaventura, en Padrón.
  • Cea: Mariscada na Bodega Aquitania, en Cambados.

(Adxúntanse os Regulamentos do evento)

DOCUMENTACIÓN

Podedes descargar a folla de inscrición, e consultar máis información na nosa páxina web www.clubclasicosalnes.com

Enlace directo INSCRIPCION ONLINE “NOVO”: https://goo.gl/forms/6uwHkbNlnuMm89h83

Enlace directo folla de inscripción en Doc: http://www.clubclasicosalnes.es/images/rallye/X2018/inscripcionX.doc

Enlace directo folla de inscripción en Pdf:http://www.clubclasicosalnes.es/images/rallye/X2018/inscripcionX.pdf

Enlace directo regulamentos en .Pdf: http://www.clubclasicosalnes.es/images/rallye/X2018/Reglamentos_X_Rallye_do_Albariño.pdf

Todos estes anos sempre fóchedes moitos os amigos que viñechedes ao noso rallye, pedimosvos, que no deixedes a inscripción para última hora, para que todo este o mellor organizado posible.

Os tramites e a información antes e durante o evento, organizanse da seguinte maneira:

1) Como novidade podedes inscribirvos mediante un formulario ONLINE, desde calquera Smartphone, ordenador, etc., que vos facilitará moito o non tener que descargar a folla de inscrición e cubrila.

2) (COMO CADA ANO) acéptase a inscrición enviando tanto a folla de inscrición como o xustificante de pago e a documentación, via whatspp, ao número de teléfono 639.21.44.41 ben sexa facéndolle unha foto co teléfono, como facéndollo mediante escaneo, tamén a podedes enviar ao mail clubclasicosalnes@gmail.com.

3) Vaise crear un grupo de difusión (só comunica o organizador, especificamente a cada participante por separado, non se fala entre os integrantes), en whatsapp, para comunicar todas as novidades e incidencias, que se vaian xerando, desde o comezo da apertura da inscrición, hata a hora do fin do Rallye, o Saábado pola noite.

4) O aloxamento oficial do Rallye ofrecerase mediante diferentes ofertas que publicaremos na web do club www.clubclasicosalnes.com. Podedes chamar directamente ou contactar con nós para facer as reservas. Os prezos serán moi competitivos (como todos estos anos) e daranse varias opcións, polo que as prazas dispoñibles esgotaranse pronto, non o deixedes para o último momento.

5) Para todos os que veñan xa o dia anterior ao rallye 02/11/2018, organizaremos unha cea de recibimento nun furancho (taberna tipica da zona), onde iremos quentando motores para o dia seguinte. Avisar os que querades vir, cando fagades a inscripción.

O presente evento é puntuable para o “IV Trofeo ARM TRIP Galicia 2018” que se rixe polo seu propio regulamento (publicado en https://armtripgalicia.wixsite.com/armtripgalicia).

Entregaremos os trofeos de campións do IV Trofeo ARM TRIP Galicia 2018.

E para calquera dúbida ou máis información:

Telf. de contacto e Whattsapp: 639.21.44.41 – 666.143.144

Dirección de Internet: www.clubclasicosalnes.com

Correo electrónico: clubclasicosalnes@gmail.com

Facebook: Club Clasicos Salnes

 

NOTA: É recomendable que visitedes a web porque como todos os anos, iremos publicando información sobre o evento: relativo ao estado da inscripción, listados provisionais de inscritos, novidades e orde de saida, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.