Os Comerciantes da Rúa Curros Enríquez volveran a sacar as gangas a rúa durante toda a xornada deste sábado 7 de xullo tralo éxito das xornadas celebradas ano pasado, dende ás 10:00h da maña, ás 21:00h en horario ininterrompido, desta maneira estase a consolidar este evento na que os comerciantes desta rúa están a apostar fortemente e que no que pretenden poñer en valor unha das rúas máis céntricas do concello de Cambados e mostrar na rúa as ofertas e gangas para poder ser adquiridas polos veciños que queiran acercarse a Cambados.
Tratase dunha iniciativa que naceu dos propios comerciantes e que foi trasladada o concello de Cambados para poder obter os permisos pertinentes e a colaboración precisa para poder realizalo, e que dende o concello de Cambados entendemos como positiva, xa que este tipo de iniciativas poñen en valor o pequeno comercio de Cambados, onde participan a meirande parte dos comerciantes desta rúa emblemática do centro de Cambados, xa que desta maneira non só se busca poñer en valor o comercio local se non unha das rúas máis céntricas da Capital do Albariño.
Os comerciantes organizadores do evento volven a organizar esta actividade este sábado xa que se celebra ó primeiro fin de semana de cada mes, data que queren manter en futuras edicións, motivo polo que invitan a tódolos veciños de Cambados a que se pasen por esta céntrica rúa e poidan adquirir os seus produtos en oferta e con gangas que se van vender este sábado na Rúa Curros Enríquez.