O CONCELLO DE CAMBADOS SUMA ESPAZO PARA PEATONS E REFORMULA O MERCADO PARA ACTIVAR O COMERCIO

Os ambulantes vanse instalar dende este mércores en novas zonas do Paseo Marítimo e na Rúa Nova para que poidan montar a totalidade dos postos cumprindo as restricións sanitarias en canto ao distanciamento dos mesmos. Reactivar Cambados dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan de reactivación económica do Concello […]

CAMBADOS ABRIRÁ A BIBLIOTECA O 18 DE MAIO SÓ PARA ESTUDANTES

Redúcese o aforo ata un máximo de 26 persoas. Precisarase reservar praza previamente. Terán prioridade os estudantes universitarios, de segundo curso de bacharelato e cuarto da ESO. Estableceranse quendas de 3 días por persoa, que poderán reducirse en función da demanda. Non se habilitará o servizo de consulta nos ordenadores. Tampouco haberá sala de lectura […]

CAMBADOS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON OFRENDA FLORAL, LECTURA DE POEMAS DE CARVALHO CALERO E CONCURSO DE POESÍA

O Concello celebrará a ofrenda floral e a lectura de poemas o domingo 17 ás 12 horas no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada. O concurso de poemas curtos, de 16 a 32 versos, ten 3 categorías: ata os 11 anos, de 12 a 17 e de máis de 18. A temática é […]

CAMBADOS REORDEA A CIRCULACIÓN PEONIL EN RÚAS E PASEOS

Estas medidas veñen motivadas polo inicio da desescalada do estado de alarma, ocasionado pola expansión da pandemia do COVID-19 A súa duración non está determinada, dependerá do tempo que tardemos en acadar a “nova normalidade”. O obxectivo é gañar espazo para a circulación peonil que axude a manter o distanciamento social entre as persoas. O […]

O CONCELLO DE CAMBADOS BONIFICA COMPLETAMENTE O IMPOSTO DE TERRAZAS E REDUCE AO MÍNIMO LEGAL O DE LIXO ÁS EMPRESAS

O vindeiro luns comeza o reparto de material de protección ao comercio local de
Cambados

Cambados pon en marcha unha App para comunicarse directamente cos veciños

Achegar de forma directa e rápida a información municipal aos cidadáns. Con este obxectivo o Concello de Cambados vén de poñer en marcha unha aplicación para comunicarse cos veciños. Este sistema denomínase TockApp e as persoas interesadas poden subscribirse a el dándose de alta a través do móbil ou ben dende a páxina web https://tokapp.com […]

CAMPAÑA DÍA DA NAI

A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados poñen en marcha unha campaña de dinamización con motivo da celebración do Día da Nai que se celebra  o vindeiro domingo 3 de maio.             As entidades organizadoras queren agradecer a colaboración e a afouteza dos cidadáns nestes momentos de incerteza, lembrándolles que o comercio […]

O CONCELLO DE CAMBADOS VAI REPARTIR 30.000 MASCARILLAS ENTRE TODA A VECIÑANZA

Cambados compra 30.000 unidades de mascarillas quirúrxica que serán repartidas antes do fin do estado de alarma. No caso de que o Concello consiga máis material, haberá novas entregas das que a veciñanza será tamén informada. O Concello ven de realizar a compra de 30.000 unidades, ás que hai que sumar ás de elaboración propia […]