VIII FEIRA DE ARTESANÍA DE CAMBADOS 2015

Cambados acolle, o vindeiro venres 21 de agosto, a partir das 13.00 horas, a VIII Feira de Artesanía e Comercio, na que estarán presentes un total de 42 profesionais, dos cales 22 pertencen á Artesanía de Galicia, xunto cunha representación de artesáns e artesás de Cambados e a Comarca do Salnés.

O número de expositores incrementouse con respecto a anteriores edicións dado que a feira está xa consolidada e é moi valorada polo sector, que considera a vila de Cambados un lugar idóneo para este tipo de eventos, de feito,  máis dun 90% dos expositores repiten anualmente.

Durante a fin de semana da feira, os cambadeses e visitantes poderán atopar nos postos exemplos de artes diversas. Así, a feira conta con maestros canteiros, instrumentos e traxes tradicionais galegos, bixutería e xoiería, cerámica, coiro, labores de gancho e tea, traballos en cristal… ademáis a feira mostrará postos de produtos máis singulares como cosmética feita con mel, pastas de albariño, licores, ou ungüentos con prantas medicinais e aceite de camelia. Do mismo xeito tamén se apoia á Asociación Protectora Refuxio de Animais de Cambados e Con Eles, ofrecéndolles un espazo no que recaudar fondos para as súas causas solidarias.

O día da inauguración, entre as 12.30 e as 14.00 horas un grupo de 30 rapaces da biblioteca Casa dos Fraga baixarán ata o paseo da Calzada para realizar tres talleres divididos en pequenos grupos. Farán traballos manuais con pintado de sal e con papel da man de Herminia Couceiro; visitarán o posto de Apipili para coñecer como se extrae o mel dun panal, como se fabrica unha candea e rematarán coa degustación de lácteos con mel e tamén traballarán a técnica do kumihimo con Tatiana López.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.