VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR

VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR

CAMBADOS CELEBRA O DOMINGO A VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR, HOMOLOGADA POLA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO.

 

Cambados celebra o domingo a VI edición da Carreira popular coa participación de atletas de élite.

A proba, de 10.000 metros de percorrido, está homologada pola Real Federación Española de Atletismo, de xeito que as marcas que se consigan terán carácter oficial.

A saída será ás 10,30 horas da Praza de Fefiñáns, nun circuito que perocorre en varias voltas o Paseo Marítimo, San Tomé, Monte Sacro para regresar de novo a Praza de Fefiñáns.

A organización agarda unha previsión duns 500 participantes, tendo en conta que de momento xa hai case 300 inscripcións e o prazo pecha o xoves as 23 horas a través da paxina web emesport.es ou na oficina de deportes do Concello.

Os pormenores da proba detallábanos esta mañá o concelleiro de deportes, Victor Caamaño, e o técnico do departamento Alfredo Oliveira, nunha rolda de prensa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.