Este venres 29 de decembro será unha data chea de solidariedade no complexo polideportivo do Pombal grazas á boa disposición e xenerosidade da empresa Aquafit e do Club Xuventude de Baloncesto.
A empresa adxudicataria da piscina municipal realizará, ao igual co ano pasado por estas datas, un maratón navideño solidario de actividades. Comezará ás 16:15 horas coas seguintes actividades para nenas e nenos: Heroican Kids (16:15) e Zumba Kids (17:00).
Seguirá logo coas actividades para adultos (usuarios a partir de 14 anos): Ritmos Latinos (Merengue, Bachata, Roda Cubana, etc.), ás 17:45; Zumba, ás 18:45; Body Tono, ás 19:45; Aquagym (Piscina), ás 20:45; e, Ciclo, ás 21:30 horas.
Para participar neste maratón navideño solidario de actividades só é pre
ciso apuntarse e levar algunha bebida non perecedeira (augas, zumes, etc.) ou algún produto de hixiene persoal (xabón, xel, xampú, etc.). As persoas que se anoten non terán que pagar nada. As actividades son completamente gratuítas. Os participantes nas mesmas só terán que levar algunha bebida ou algún produto de hixiene persoal que serán doados aos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen se encargará de distribuílos entre as familias necesitadas da nosa localidade.
Por outra banda, a partir das 20 horas deste mesmo venres 29 de decembro, durante o partido do Club Xuventude de Baloncesto no Pavillón do Pombal, recolleranse xoguetes novos ou en bo estado para as nenas e os nenos das familias necesitadas de Cambados. Serán os Servizos Sociais do Concello os que se encarguen de repartilos durante os vindeiros días, antes da festividade dos Reis Magos.
Dende a Concellería de Servizos Sociais queremos expresar o noso sincero agradecemento tanto á empresa Aquafit, adxudicataria da piscina municipal, como ao Club Xuventude Baloncesto por estas iniciativas solidarias que serán, sen dúbida, moi ben recibidas polas familias necesitadas de Cambados.