V CAMPIONATO DE FÍSICOCULTURISMO E FITNESS AEFF – CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

V CAMPIONATO DE FÍSICOCULTURISMO E FITNESS AEFF – CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

Este próximo domingo día 30 de abril, por terceiro ano consecutivo, celébrase en Cambados o Campionato Galego e Norte de España A.E.F.F. (Asociación Española de Físicoculturismo e Fitness) sendo esta a súa V edición, e levando nesta ocasión o “Apelido de Campionato Cambados Cidade Europea do Viño 2017”.
O mesmo é organizado novamente polo Club Vital Sport, e conta, como nas tres pasadas edicións organizadas na Capital do Albariño coa colaboración do Ilmo. Concello de Cambados, e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Este ano, haberá un cambio de localización para poder contar cun aforamento maior que o de anos anteriores, e celebrarase no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados, motivado porque na pasada edición, o Auditorio A Xuventude quedou pequeno para este evento ao completarse o aforamento, e quedándose sen posibilidade de ver o Campionato unhas 80 persoas, así como tamén polo aumento de competidores, estando previsto que este ano participen entre 45 e 50 atletas, dos cales, entre 15 e 18, acudirán de fóra de Galicia, sendo a maioría competidores de nivel Nacional e tamén Internacional, polo que se prevé que vaia a ver un Campionato dun gran nivel.

Este ano, ademais dos trofeos correspondentes, haberá premios especiais en lotes de produtos, e premios en cheques de compra. No caso de I-LAB Nutrición, lotes de produtos de nutrición para os tres primeiros clasificados de cada categoría do Campionato Galego; no caso do Campionato Norte de España, lotes de produtos de nutrición da marca Nutrisport para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e, cheques de compra da empresa de equipamento deportivo e de ximnasio Fit-Maker, nas marcas MC Fit-Maker e AFW, para o primeiro clasificado de cada categoría do Campionato Norte de España.