UN SINFÍN DE ACTIVIDADES NO NADAL DE CAMBADOS

UN SINFÍN DE ACTIVIDADES NO NADAL DE CAMBADOS

Cambados quere facerse máis atractiva de­ cara o Nadal.
Por eso, o Concello e a Asociación de Comerciantes Zona Centro pr­epararon un programa de­ numerosas actividades para atraer ós visitantes á­ vila.

A intención é que “consuman no com­ercio cambadés, aproveitando unha época ­do ano na que os comerciantes teñen moit­as esperanzas postas. Concello e Zona Ce­ntro estamos decididos a conseguir que o­s veciños da vila e dos arredores escoll­an o comercio local para facer as súas c­ompras de Nadal”.

As actividades comezaron cunha recollida de xogu­etes usados para a campaña “Cada neno un­ xoguete”, que se prolongará ata o día 23.

O ­VENRES 23 ­, ás 13:00 horas, ­realizaremos a entrega dos premios do co­ncurso de debuxo infantil “Postais do Na­dal”, no que poden participar tódolos ne­nos de primaria de calquera dos centros ­do Concello de Cambados.

Os tres mellore­s debuxos serán premiados cun lote de li­bros cada un deles, 1 vale compra de 50€­ a cada colexio por participar e 1 vale ­compra de 50€ ao colexio do neno gañador­.

O ­VENRES 23 , SÁBADO 24, VENRES 30 e SÁBADO 31, en horario de 11:00 a 13:00 e de 16:30­ a 20:30 horas, “parq­ue de atraccións” no Salón José Peña, co­n entrada gratuíta para tódolos nenos, o­nde poderán disfrutar de inchables, tour­o mecánico, xogos, música, talleres infa­ntís e moito mais…. e a visita de Papa­ Noel o 24 de Decembro pola tarde.

O ­MÉRCORES 31­, tocará celebrar o fin de ano, e como n­on pode ser doutro xeito, os mais pequen­os están invitados a celebrar as 12 bada­ladas cos lacasitos da sorte; e os maior­es despediremos o ano cun escumoso das R­ías Baixas.
Todo elo, no Salón de Exposi­cións J. Peña.

O ­5 de xaneiro­ ás 12:00 horas, os Reis Magos pasarán p­ola Praza do Concello para recoller as d­erradeiras peticións dos nenos, para xa ­pola tarde, dende a Praza de Fefiñáns, á­s 17:00 recorrer o as principais rúas do­ Concello na esperada Cabalgata de Reis.

 

A maiores deste programa conxunto, Cambados completa a súa programación de Nadal con música, circo e deporte.

 

  • 22 DECEMBRO­ ­Auditorio Municipal­ ás 20:30 horas­

Actuación de Nadal do grupo folclórico “­ ONTE E HOXE”

Entrada gratuíta­

 

  • 23 DECEMBRO­ ­Auditorio Municipal­ ás 21:00 horas.­

“SANTIAGO JUNCAL, PIANO” . Concerto Extraordinario de Nadal de Piano,

Entrada­:

-­ ­5 euros (Reducida para xubilados, menores e estudantes)­

-­ ­10 euros (Resto da xente)­

 

  • 30 DECEMBRO­ ­Auditorio Municipal­ ás 21:00 horas­

Concerto de Nadal a cargo da BANDA DE MÚ­SICA DE CASTRELO

Entrada gratuíta ­

 

  • 31 DECEMBRO ­ ­Casco histórico­ de Cambados ás 17:00 horas­

Carreira popular de San Silvestre de
Cam­bados (polas rúas do casco histórico)

 

  • 7 XANEIRO­ ­Auditorio Municipal­ ás 20:00 horas ­

Concerto de Reis a cargo do grupo musica­l “MANSO E AMIGOS”. Entrada gratuíta­

 

 

 

ACTIVIDADES DE NADAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL LUIS REI DE CAMBADOS.

Dende a Biblioteca Municipal Luís Rei de Cambados estanse a preparar diferentes actividades lúdicas para as vacacións de Nadal.
Así, os días 22, 23, 26, 27, 29 e 30 de decembro organízanse de 11.00 a 13.00 horas, “Obradoiros e xogos” baseados en traballos manuais creativos, así como en dinámicas de grupo cooperativas e inclusivas.
Están dirixidos a nenos de primaria e dispoñen de prazas limitadas cada día.

Ademais o xoves 29 está previsto un especial “Pequechefs de conto!” no Salón Peña para decorar galletas cun custo de 6€ por neno.

Do mesmo xeito, o 28 de decembro “Lobishome producións” organiza durante toda a xornada un variado abano de actividades, non só para os pequenos da casa senón tamén para as súas familias.

Comezarán pola mañá con dous obradoiros de 45 minutos cada un.
As 11.30 horas “O apalpador do Nadal” para rapaces de 3 a 7 anos, e ás 12.30 horas será o turno de “Introducción ao teatro” para nenos de 6 a 12 anos.
Ambos son de balde ata cubrir as vacantes.

Pola tarde a diversión continúa con dous espectáculos para público familiar.
As 17.00 horas actuarán os Títeres Lázaro Duyos e para rematar ás 19.00 horas fará presencia o Mago Deimi e o seu espectáculo de maxia.

A loita contra a AME segue sumando adhesións.UNHA GALA NA DISCOTECA ZAO DE CAMBADOS ESTE VENRES RECADARÁ MÁIS FONDOS PARA A INVESTIGACIÓN DA AME.

Trala solidaridade amosada está pasada fin de semana na exhibición de taekwondo en Ribadumia, agora recibe o apoio da Discoteca Zao, que celebrará unha gala co fin de recadar fondos para a investigación da Atrofia Muscular Espiñal.

A Gala Solidaria de GaliciaAME na coñecida Discoteca Zao de Cambados será este venres 23 de decembro e durante toda a tarde haberá actividades para os máis pequenos, monólogos, e actuacións músicais que se alongarán ata a madrugada.

Para participar no evento haberá que realizar un donativo que se destinará íntegramente para a búsqueda dunha cura ou medicamento que axude a paliar a dor que conleva o AME.

 

 

O Nadal é un tempo para compartir e estar unidos con ilusión, compromiso e solidariedade; xuntos podemos facer un 2017 mellor.

Dende o Concello de Cambados desexámoslles un bo Nadal e un feliz Aninovo.