Un servizo de ITV móbil para vehículos agrícolas quedará instalado en Cambados

Un servizo de ITV móbil para vehículos agrícolas quedará instalado en Cambados

O Servizo de Inspección Técnica estará no Pombal o 4 e 5 de novembro para a revisión de vehículos agrícolas.

Os propietarios de vehículos agrícolas do Concello de Cambados poderán beneficiarse desde o 4 de novembro do servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) móbil que quedará instalada en Cambados, nas inmediacións do Pombal. Durante a mañá do vindeiro 4 de novembro e ata o vindeiro xoves, día 5 de novembro, poderanse realizar as inspeccións a este tipo de vehículos con todas as garantías de Tráfico.

O horario de atención ao público será de 9 a 13.30 horas e o luns, ademais, de 15.30 a 18 horas pola tarde o 4 de Novembro, o día 5 de Novembro vai ter unicamente o horario de 9 a 13.30 horas.

Ante a previsión do grao de acollida da iniciativa, desde o Concello de Cambados realizaron as xestións para traer á localidade o servizo de inspección para tractores agrícolas. O obxectivo é que se poidan beneficiar os veciños de Cambados sen ter que desprazarse a outras localidades para poder realizar a inspección periódica obrigatoria.

Para solicitar cita previa pódense poñer en contacto no teléfono 902 30 90 00 ou ven a través da paxina web www.sycitv.com. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentadas.