O Concello de Cambados e a Asociación Zona Centro queren seguir dinamizando as rúas do entorno urbano recén peonalizadas.
Por eso, tralo exitoso concerto de Manso e Amigos en Fefiñáns, agorá será a Rúa Isabel II a que acolla un concerto de balde.
Neste caso, a música de Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira e José María Trigo soará o vindeiro martes, 24de xullo, ás 21.30 horas.
Así o explicaban o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín e o presidente de Zona Centro, Juan Rey, na presentación do concerto, acompañados dos músicos.