Ulo Vermú? en Cambados

Ulo Vermú? en Cambados

O Concello de Cambados en colaboración con Zona Centro e a plataforma para edición discográfica de Cambados, Ulomanía Coop, organizan un ciclo de música na rúa durante este mes de agosto.

Ulo Vermú? é un ciclo de música na rúa, organizado polo Concello de Cambados e Cambados Zona Centro, e coa colaboración coa plataforma para edición discográfica de Cambados, Ulomanía Coop. Cinco datas dende o 11 de agosto ao 1 de setembro, con catro sesións vermú e unha última sesión de tarde. Todo presentado cos deseños do xenial Daniel Alonso, de El AlmaZen de La Casa Taller.

  • Sábado 11 agosto: Rúa Real, 13:00H. Dead Wood

Sen dúbida a banda máis orixinal do Salnés. Country, folk e blues escuros con ritmos de cabaret, e cunha das propostas máis divertidas que se pode ver en directo.

  • Mércores 15 agosto: Praza Alfredo Brañas, 13:00h. Breakin’ Bones

Pasan por se-la banda máis gamberra de Galicia, pero sen dúbida son a mellor banda de psychobilly do país e unha das máis divertidas. Clasicazos dos 50s, yeyé e pop dos 80s a ritmo de rockabilly

  • Domingo 19 agosto: Praza das Rodas, 13:00h. Thegypsysouls

Nova formación duns vellos coñecidos. The Gypsy Souls son Andrea Area e David Mahé Falcón. Tralo parón dos Sharknadoos, volve con este proxecto de funk, soul e rhytyhm’n’blues. Puro talento e a mellor voz negra da comarca.

  • Domingo 26 agosto: Rúa Isabel II, 13:00h. Little Juice

Little Juice son un quinteto diferente cunha particular mestura de freak soul, blues e pop.

Hai uns meses presentaban a súa primeira referencia discográfica, o EP “Drøwn”, e xa está esgotado.

  • Sábado 1 setembro: Praza do Con, 20:00h. Superser + Travesti Afgano + BIMBA.

Superser son unha banda de garaxe de Cedeira, a última sensación do xénero do país. Practican una fórmula adictiva de garage, blues psicodélico e surf, inspirados en Link Wray, Roky Erikson ou Sky Saxon.

Travesti Afgano, a mellor banda galega de post-punk. Con membros de ilustres formacións de diferentes puntos de Galicia, e habituais das citas máis underground de toda península. Os seus dous LPs son auténticos cañonazos, con letras que son un auténtico delirio, e nas que non deixan títere con cabeza.

E todo acompañado coas seleccións de Bimba, a picadiscos máis imprevisible que coñecemos. Nesta última data, tamén coa colaboración de Cobesa, Super Bock, e a web Enoturismo Rías Baixas.

Adxuntos