“TERRACICLE”: COMPROMISO COA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

A recollida selectiva é a chave para rematar cos residuos e camiñar cara a unha economía circular que se identifique cunha cantidade de residuos cero. Nesa liña está a traballar o Concello de Cambados, tentando concienciar a veciños e veciñas de que a súa implicación nunha mellor reciclaxe  é imprescindible para conservar o bo estado do planeta, empezando polo máis próximo. Por esta razón o  concello de Cambados participará no programa de recollida de instrumentos de escritura (bolígrafos, rotuladores, portaminas, borradores, marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través do programa “Terracicle”.

Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón, perfectamente identificadas (logotipo do Concello de Cambados e o do Refuxio de Animais de Cambados) nos puntos de entrada dos edificios públicos para ser enviados a empresa de reciclaxe onde fabricarán novos materiais e produtos. En próximos días os/as técnicos/as municipais da Concellaría de Medioambiente repartirán nos edificios públicos os correspondentes contedores para iniciar este proxecto.

Cada recollida de 20 quilos deste tipo de residuos será trocable nunha doazón para o Refuxio de animais de Cambados.

O obxectivo deste programa é fomentar a reciclaxe de diferentes instrumentos de escritura por non ter cabida no contedor amarelo, promover a participación cidadá na reciclaxe e fomentar unha política medioambiental de reciclaxe nas actuacións municipais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.