O vindeiro 11 de novembro impartirase na Casa da Cultura un taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas. O taller, de 4 horas de duración, está dirixido a persoas traballadoras e profesionais maiores de idade, ocupadas ou desempregadas, do sector vitivinícola.
Será impartido de 16 a 20h, e o número de prazas será de entre 15 e 25. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude ata 2 días antes da celebración do taller, enviando cuberta a documentación que adxuntamos, a través dos seguintes correos electrónicos: ana.mosquera@eira‐tec.com e desenvolvementorural.issga@xunta.es
Para máis información, poden consultar a páxina web do ISSGA http://issga.xunta.es/portal/index.html ou chamar aos teléfonos 652 99 30 31 ‐ 652993032 e 981 58 77 31
Descargar: declaracion xurada.pdf
Descargar: AnexoII-taller_vitinicola_2015_SETEMBRO.pdf