O sábado 13 de maio terá lugar en Exposalnés este taller, impartido por Lara de Saa, fisioterapeuta infantil especializada en neuroloxía e terapia acuática.
-Información sobre o taller:
Cando convivimos cunha persoa dependente, que necesita axuda para moverse e/ou para as súas actividades da vida diaria, o esforzó físico do coidador ao longo do tempo pon en risco o seu propio estado físico e/ou psicolóxico. A mellor forma de evitar chegar a este punto é a prevención, incluso dende fases iniciais nas que o neno/adulto afectado, ten autonomía.
-Con este taller pretendemos ensinar:
-Pautas de hixiene persoal.
-Como movilizar ou facer transferencias de forma correcta para evitar lesións tanto no coidador como na persoa que coidamos.
-Exercicios e estiramento para que o coidador manteña o seu corpo nas mellores condicións posibles.
-Fomentar a participación do paciente nas transferencias e cambios posturais.
-Destinado a:
-Familiares que convivan con persoas con algún tipo de enfermidade neuromuscular (xa sexa en fase de dependencia ou en fases iniciais con moita autonomía)
-Coidador@s de centros educativos que traballen con nen@s con enfermedades neuromusculares.
IMPRESCINDIBLE ANOTARSE A TRAVÉS DO 666 25 16 77 ou no email: asociaciongaliciame@gmail.com