TALLER DE CREA R EN CAMBADOS

TALLER DE CREA R EN CAMBADOS

En R queren premiar a fidelidade dos seus clientes mimando precisamente os que máis queres.

É por iso que nace crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Crea un spot de TV

No caso de Cambados, a actividade será o sábado 8 de abril, cun taller de Audiovisual.

Os nenos crearán un anuncio audiovisual para un produto concreto. A idea é que potencien a súa imaxinación e creatividade pensando usos fóra dos habituais, que expliquen para que serve, como se utiliza ou por que é necesario, que elaboren pequeno guión e graven un anuncio. Traballarán dese xeito en equipo, desenvolvendo a súa capacidade comunicativa e a súa oratoria, participando nunha experiencia divertida.

Horarios

Estes son los horarios dos talleres en Cambados:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir ao noso distribuidor R en Cambados, na rúa Galicia, 47. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 986.524.840.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.