TALLER DE COCIÑA E ANIMACIÓN Á LECTURA “PEQUECHEFS DE CONTO” COA VISITA SORPRESA DE GUIMATUR

O Salón J. Peñaacolle a clausurada terceira edición do taller de cociña que fomenta a animación á lectura, Pequechefs de conto!.Dito curso, que se organiza durante os meses de xullo e agosto dende a Biblioteca Municipal Casa dos Fraga, e que imparte Rocio Garrido, editora de “La cocina de mi abuelo”, mestura divertidas historias da literatura actual galega como “Bóla de Manteiga”, “Pirracas e as patacas”, “Corre, corre cabaciña” etc. coa elaboración de pratos doces e salgados, empregandoprodutos de tempada.

De entre asreceitas salgadasfeitasnestas semanas destacan dendeunhas barcas mexicanas con conserva de cambadas e verduras, a un pastel frío, minihamburguesas con vexetais, ouempanadillas con diferentes recheos etc.

En canto áspreparaciónsdoces elaboraron dendeunhas rosquillas de mazá, un trifle de froitas de tempada, ouunsbombons de oreo.

En todas as edicións a elaboración dos pratosé feita por eles mesmosseguindo todos os pasos, dende amasar, cortar, mesturar, decorar, etc.tratando de inculcarademais hábitos saudables entre os cativos, incentivando o consumo de froitas e verduras, peixe, conservas etc.

Nesta última sesión os “pequechefs”contarán cunha visita moi especial, a dunha representación de Guimatur, a asociación de mariscadoras e redeiras de Cambados que realizan visitas guiadas polo patrimonio marítimo-pesqueiro do Concello dende 2004. A partir das 10.30 horas, os 16 alumnos inscritos coñecerán de primeiraman, a través dunha breveproxección, en que consisten as tarefas das mariscadoras e redeiras, como o seutraballo extractivo, a vixiancia, a resembra, a limpeza das praias etc. Amais, levarán mostras das cunchas das especies que recollenna ría, así como das ferramentas que precisan nos seusquefacerescotiáns, como o gancheloou o angazo. Por último falarán do seuproxecto como guías de excepción polo mar de Cambados, dando a coñecer a riqueza paisaxística e gastronómica do mesmo.Este martes a última receitadeste taller vai estar, como non, adicadaao mundo mariñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.