SUSANA GARCÍA NÁJERA PRESENTA “SAUDADE” EN CAMBADOS

SUSANA GARCÍA NÁJERA PRESENTA “SAUDADE” EN CAMBADOS

O libro obtivo o III Premio Nacional de Novela «Ateneo Mercantil de Valencia» e parte da Novela está ambientado no Cambados da posguerra, a vida dura das mariscadoras das Rías Baixas e a emigración galega a América a mediados do século XX.  

A presentación vai ser este Venres 1 de Abril ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Calzada

A Concellaría de Cultura do Concello de Cambados continúa coa presentación de obras literarias na Casa de Calzada, trala presentación do libro de Domingo Tabuyo, Alejandro Viana e a derradeira obra de Luís Rei, este venres tócalle o turno a Novela de Susana García Nájera, “Saudade” que foi galardoada co III Premio Nacional de Novela de «Ateneo Mercantil de Valencia».    

Susana García Nájera é unha escritora madrileña, licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Alcalá de Henares e Filoloxía Inglesa pola Universidade Autónoma de Madrid. Entre uns estudos e outros, viviu longas tempadas en Londres, Pisa e París, grazas a programas e bolsas universitarias. Desde entón, as súas constantes foron viaxar, escribir e ler. Desde 2007, é alumna da Escola de Escritores de Madrid, especializándose en Relato curto, Técnicas narrativas,  Nouvelle e Novela.

Publicou coa editorial Talentura dous libros de relatos, “Cicatrices a las once” e “La teoría de los momentos“ e colaborou en distintas antoloxías de contos como “Es raro olvidarlo todo”, “Cuando fuimos malos” e “Ya nadie pida los charcos”. A súa primeira novela, Saudade, foi a gañadora do III Premio Nacional de Novela Ateneo de Valencia 2020 e foi publicada pola editorial Olé libros.

O Libro conta a historía de Patricia, profesora da Universidade de L’ Aquila, que desaparece tras un terremoto, a súa irmá xemelga, Teresa, e a súa nai, Estrela, viaxan desde Madrid ata esa rexión italiana dos  Abruzos, pero a procura non é fácil e menos no medio dunha cidade devastada.

Tratando de pescudar os últimos pasos de Patricia, as mulleres descobren a súa conexión con Antía, a avoa que na actualidade vive en Cambados. Xunto a Antía e outros personaxes remontarémonos aos tempos da posguerra en España, da pobreza, a falta de recursos, a vida dura das mariscadoras das Rías Baixas e a emigración galega a América a mediados do século  XX; tamén percorreremos os emblemáticos anos sesenta en Madrid e o terrible terremoto que arrasou  L’ Aquila en 2009. As paisaxes e a atmosfera de Cambados, Madrid e  L’ Aquila convértense nun personaxe máis e, como tal, inflúe e determina a vida dos protagonistas.

Saudade está ambientada dunha forma real e contemporánea que en ocasións roza un mundo máxico onde o sobrenatural fúndese co cotián e así se reflicte desde o primeiro parágrafo da novela.