SOLUCIÓN ÁS DEFICIENCIAS DOS CONTEDORES SOTERRADOS DE CAMBADOS

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados ven de formalizar coa empresa “Formato Verde” o contrato de control e mantemento dos contedores soterrados de Cambados; requisito previo para que poidan ser utilizados para a recollida de lixo. O contrato, por valor de máis de 17.000 euros, comprende a revisión  e posta a punto dos equipos soterrados, así como as pezas en mal estado, os mandos a distancia e os receptores. A empresa fixo a pasada semana unha revisión previa e atopou múltiples carencias e mal estado nos equipos instalados e calcula comezar a próxima semana o arranxo de todas estas estructuras para que no mínimo tempo posible poidan porse en funcionamento de xeito regular.

Así mesmo, a Concellaría de Medio Ambiente, ante a inexistencia de documentación que demostre a  homologación dos contedores soterrados do concello tivo que contratar a unha empresa especializada que realizara a certificación de todos os equipos soterrados de Cambados; tramitación que finalizou esta mesma semana.

Desde a Concellaría de Medioambiente sentimos o trastorno causado a veciños e veciñas pola problemática producida polo lamentable estado no que se encontraban os contedores do concello de Cambados, situación descuberta co cambio da empresa concesionaria de recollida do lixo, e agardamos ter solucionada esta situación neste mes de outubro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.