Aqueles emprendedores que están interesados en ocupar unha destas naves do Viveiro Industrial poden presentar a súa solicitude no Concello.
O Viveiro Industrial, único na comarca do Salnés de xestión municipal, dentro da Nave Loxística, nunha nave municipal de 1.534 metros cadrados.
Aqueles emprendedores que están interesados en ocupar unha destas naves do Viveiro Industrial poden presentar a súa solicitude no Concello de Cambados, tratase de 4 naves para un perfil de persoas emprendedoras que comezan coa súa actividade. Para consolidarse terán dous anos, o prazo máximo que marcan as bases do proxecto, e ademais do espazo que terán na nave que se lles asignará, tamén contarán coa posibilidade de utilizar servizos comúns como despachos, sala de reunións, e ata, un lugar de asesoramento en caso de ser preciso. Neste Viveiro Industrial de Cambados acondicionáronse catro locais que oscilarán entre os 332,80 e os 499,20 metros cadrados e cuxo prezo de aluguer estará entre os 349,44 € e os 524,16 € o mes, co fin de facilitar aos emprendedores a posibilidade de iniciar a súa actividade e poder introducirse no mercado elixido.
Descargar: MEMORIA ECONOMICA PLAN DE EMPRESA.pdf
Descargar: SOLICITUDE ADMISIÓN E SELECCIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS CDL.pdf