SIMULTÁNEAS DE XADREZ

SIMULTÁNEAS DE XADREZ

O pasado sábado 2 de abril tivo lugar en Cambados o evento de xadrez organizado polo Concello de Cambados e Xadrez Galego co obxectivo de promover o xogo ciencia.

A actividade, desenvolveuse de 11:00 a 13:30h, consistiu nunha sesión de simultáneas impartidas polo mestre internacional Roberto Páramos e polo subcambión de España e bicampeón de Galicia na categoría sub-10, Rubén Fernández López.

A experiencia resultou un rotundo éxito dado que o índice de asistencia superou as espectativas, atopándose o cupo de participantes cheo e contando con múltiples recambios que se foron incorporando.

Cambados amosou o gran nivel dos seus xogadores amateurs acadando un total de 6 empates e unha victoria fronte os fortes xogadores vigueses. Cabe destacar as actuacións de alejandro Prado e de Luca rey Chimera.

Este evento é o primeiro de varios previstos para mellorar as condicións do xadrez na vila mediante a organización de clases, torneos  e diversas actividades para tódolos públicoa, facendo especial fincapé an mellora do xadrez base cambadés.