Desde o día 28 de setembro de 2018 está a desenvolverse o Obradoiro de Emprego CAMBADOS EMPRENDE XOVE.

Este  Obradoiro é un proxecto que promove o CONCELLO DE CAMBADOS e está cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, mediante o Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Como programa mixto de emprego e formación, o Obradoiro favorece a formación e a inserción laboral do seu alumnado, mozos e mozas entre 18 e 30 anos, nas ocupacións relacionadas coas dúas especialidades que se imparten.

Dentro destas especialidades realízanse obras ou servizos que son de utilidade pública e interese social para o Concello de Cambados.

Na especialidade de Informática, o plan de obra é a Actualización Dixital  dos Centros Culturais de Castrelo, Corvillón, Oubiña, Vilariño e A Merced (actualización de sistemas finais, reposición de componentes, instalación de software, reciclaxe de equipos, monitoraxe da rede local,…).

Na especialidade de Dinamización de actividades de tempo libre, o plan de obra é a

Xuventude Activa (actividades dirixidas á infancia e á xuventude de Cambados: actividades Samaín, Nadal, campamentos urbáns, taller de pintura, contacontos, rutas ecolóxicas e de senderismo, talleres de títeres,…)

A Concellería de Economía, Facenda, Industria, Promoción Económica e Comercio e a Concellería de Cultura do Concello de Cambados valoran as actuacións que ata agora está a desenvolver o Obradoiro de Emprego Cambados Emprende Xove.