Presentación do libro “Terra queimada”, de Ramón Caride

O venres 11 de maio ás 20:00 en Exposalnés terá lugar a presentación do libro “Terra queimada”, de Ramón Caride. O acto, que forma parte da programación adicada ás Letras Galegas, estará presentado por Víctor Caamaño (concelleiro de Cultura), Carlos Solla (escritor e historiador) e Ramón Caride (autor)

Curso de manipulador de alimentos

O próximo xoves día 10 de maio, ás 17:00, a Oficina de Turismo de Cambados – Exposalnés, situada no Paseo da Calzada, s/n, acollerá un curso de Manipulador de Alimentos organizado pola empresa Enatop. Está dirixido a calquera persoa que o precise para traballar no sector da alimentación (hostalería, comercio, industria, pesca e marisqueo, agricultura, bodegas, etc.). Os interesados […]

Programación adicada ás Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Concello de Cambados pon en marcha unha programación durante todo o mes de maio. Este ano adícase a María Victoria Moreno. 11 Maio (venres) Ás 20:00 horas en Exposalnés presentación do libro de Ramón Caride, “Terra queimada”. 12 Maio (sábado) Ás 19:00 horas no Parque de Torrado, […]

Día da fibromialxia, do síndrome de fatiga crónica e do síndrome de intolerancia química múltiple

O sábado 12 de maio, ás 17:30h na praza do Concello conmemórase o día da fibromialxia, do síndrome de fatiga crónica e do síndrome de intolerancia química múltiple. No acto farase lectura dun manifesto, e farase unha cadea humana arredor do concello.

SAUDARTE 2018 ABRE AS SÚAS PORTAS EN CAMBADOS

O venres 4 de maio abre as súas portas Saudarte Cambados 2018. A decimoquinta edición da exposición, comisariada por Augusto Guedes, será inaugurada o venres ás 11h da mañá na Sala Exposalnés de Cambados, onde permanecerá do 4 ao 27 de maio. Asistirán ao acto numerosos artistas participantes na mostra pertencentes aos IES Francisco Asorey, IES Ramón […]

Cursos SmartPeme de maio en Exposalnés

O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de maio sete obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación Provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas […]