Recital de fin de grao do conservatorio elemental de música de Cambados

Mañá xoves, 14 de xuño ás 19:30, o Auditorio Municipal da Xuventude acollerá o recital de fin de grao do conservatorio elemental de música de Cambados, a cargo de Ángela Costa Trigo (piano), Estela Viñas Costa (piano), Naomi Rey Rey (guitarra), Martín Vieites Esperón (trompa), Richard Vázquez Varela (trompa), Eva Soto Dorado (saxofón) e Pablo […]

III tríatlon popular Concello de Cambados

Data de celebración: Sábado 16 de xuño de 2018 Horarios das probas: Saída: 17:00h A saída será nas inmediacións do illote de San Sadurniño. O primeiro sector consistirá en 0,750 km de natación nun percorrido balizado dende as inmediacións do illote de San Sadurdiño ata a praia de Santo Tomé. A saída será as 17:00h.Os […]

A alcaldesa Fátima Abal clausura o curso AFD no centro sociocultural da Mercé

A alcaldesa Fátima Abal clausurou coa entrega dun certificado de profesionalidade nivel 1 o curso que viña impartindo desde finais de febreiro deste ano, este curso tivo unha duración de 318 horas nas cales están incluídas 80 horas de practicas, que serviron para tomar contacto directo co aprendido durante estes meses. Nesta ocasión beneficiáronse deste […]

4ª xuntanza de bandas xuvenís Cambados 2018

O domingo 10 de xuño, o salón Peña acolle a cuarta xuntanza de bandas xuvenís, que contará coa Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Cuntis (dirixida por José Varela), as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS Municipais de Cambados (dirixidas por Daniel Filgueira) e coa actuación especial da Banda de Música de Castrelo […]

Convocatoria do pleno ordinario de maio

    O xoves 31 de maio, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Aprobación das actas anteriores: 30.08.2017 ordinaria; 28.09.2017 ordinaria; 30.10.2017 ordinaria; 05.12.2017 ordinaria; 28.12.2017 extraordinaria, ordinaria e extraordinaria; 25.01.2018 ordinaria; e […]

Bases do 1º concurso literario “Cambados mar de letras”

O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados, convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”. DIRIXIDO ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade. MODALIDADES POESÍA: cunha […]

Aviso da dirección xeral de emerxencias e interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

Tipoloxía: tormentas Nivel de alerta: amarelo A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 191/71 GAL de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS de nivel AMARELO que afectará a A Coruña (Oeste, Interior, Suroeste), Lugo (Centro, Montaña, Sur), Ourense (Noroeste, Miño) e Pontevedra. A previsión de comezo será sobre ás 12,00 horas do […]

“CAMBADOS EMPRENDE”, NOVA PROGRAMACIÓN FORMATIVA PARA EMPRENDEDORES.

O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación Zona Centro, pon en marcha unha nova iniciativa destinada aos emprendedores. Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá […]