Alternatívate presenta a súa programación de outono

Despois da gran acollida que tiveron as xornadas de ocio alternativo celebradas a pasada primavera, o Concello de Cambados programa unha nova quenda de actividades destinadas á mocidade. Ao éxito de participación hai que sumar a gran valoración feita polos participantes de cada actividade, o cal non fai máis que confirmar que hai unha alta […]

Convocatoria de pleno extraordinario

O martes 30 de outubro, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Ratificación da urxencia da sesión 2º.- Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleiro de d. Luis Alberto Serantes González 3º.- Expediente 3819/2018 – Modificación orzamentaria […]

Convocatoria do pleno ordinario de outubro

O xoves 25 de outubro, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Expediente 4025/2018 – Modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI 2º.- Expediente 4025/2018 – Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola […]

A escola de música e o conservatorio celebran o Samaín

Os días 25, 26, 29, 30 e 31 de outubro o auditorio municipal da Xuventude convírtese no escenario no que as pantasmas e cabazas do Samaín combinarán música e sustos. O hall de entrada ao auditorio contará con actuacións de música e movemento, linguaxe musical e da aula de piano. Elixe ben o teu disfraz […]

“Conversas con Tana”, de Alejandro Guanella, de xira por Cambados

“Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquia, onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos delirantes como os que aparecen durante a presentación de ambos personaxes, ata desencadear en asuntos tales como El Quijote, a lectura, a alimentación en xeral… e outras […]

Cambados celebra o II Simposio Internacional LGTBI o vindeiro 27 de Outubro

O sábado 27 de outubro o Concello de Cambados organizará por segundo ano o Simposio Internacional LGTBI de Galicia, un evento que sitúa á nosa vila na vangarda da defensa dos dereitos do colectivo  LGTBI. O simposio terá lugar en Exposalnés, e contará coa presenza de representantes de diferentes países que exporán os seus diferentes […]