Febreiro: Venres 22: Campaña de empoderamento en redes sociais #101cambadesas Martes 26: Taller de autoestima (exposalnés, 18h) Mércores 27: III cumio de alcaldesas (auditorio da Xuventude, 10h) Marzo Xoves 7: III Fast dates entre mulleres emprendedoras (exposalnés, 18h) Venres 8: Almorzo emprendedoras (exposalnés, 10h) Lectura do manifesto (praza do Concello de Cambados, 12h) Proxección […]
Pinchando na imaxe pódese consultar a programación de entroido, así como as bases dos diferentes concursos: Adxuntos PROGRAMA ENTROIDO 2019 (4 MB)
Mañá xoves, a orquestra de cordas da escola de música e conservatorio de Cambados conmemoran o día de Rosalía co concerto músico-poético “ó pasar por Camariñas”, ás 19:30 no vestíbulo do centro. E para celebrar o entroido, adicarase unha semana temática de disfraces de distintas épocas históricas.
O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición de PRACE, grupo de investigación da Universidade de Vigo, que terá lugar o venres, 15 de febreiro, ás 20h. A exposición poderá ser visitada ata o 24 de marzo no espazo de exposicións de Torrado.
Informamos de dous novos cursos para persoas desempregadas: Producción e transformación de leite ecolóxica en Galicia e Asturias (información en uuaaagroformacion.org, no email formacionfb@unionsagrarias.org ou chamando ao 981530500) A apicultura ecolóxica en espazos protexidos como fonte de emprego (información en http://asefoga.org, no email formacionfb@asefoga.org ou chamando ao 981530500) Ambos cursos son impartidos de […]
Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as distintas prazas que o Concello vai ofertar o abeiro da subvención con cargo o plan de concellos 2019 (liña 3.- emprego para conservación de bens e servizos municipais). Da excma. Deputación provincial de Pontevedra, xa que as ofertas foron presentadas na Oficina de Emprego de […]
Plácido Castro (1902-1967) é un dos símbolos máis sobranceiros do universalismo galeguista. Pola súa orixe e a súa formación, foi unha rara avis no galeguismo dos anos trinta. Humanista, anglófilo e erudito, ao longo da súa vida desenvolveu tres vocacións principais: a tradución, o xornalismo e o compromiso político con Galicia. Na súa traxectoria son […]
O Concello de Cambados sigue traballando a prol das mulleres e agora organiza un curso de autocoñecemento para que mulleres de todas as idades poidan mellorar a súa autoestima. Baixo o nome de “Amándome, Coidándome” o taller teórico práctico, promovido pola Concellería de Igualdade, desenvolverase durante o mes de febreiro de martes a venres de […]
O mércores 30 de xaneiro conmemórase o día escolar da non violencia e da paz e dende a escola de música e conservatorio municipais celebrarase cun recital chamado “Cantamos pola paz”, os días 30 e 31 no vestíbulo do centro.
O sábado 12 de xaneiro, ás 20h o grupo musical “Manso e amigos” ofrecerán un concerto de Reis, con entrada de balde.