O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, amosa a súa satisfacción polo éxito da campaña de Nadal que serviu para recoller alimentos non perecedeiros, típicos do Nadal, produtos de hixiene corporal e xoguetes novos ou en bo estado de uso. A maiores o Concello tamén gastou máis de 5000 […]
O sábado 29 de decembro, o Auditorio da Xuventude acollerá o concerto de nadal da banda de música de Castrelo, dirixida por José Varela, adicado ás grandes bandas sonoras da séptima arte.
Carta Aberta a cidadanía: Estimado/a Veciño/a, A nova Directiva da Unión Europea [Dir (UE) 2018/851], publicada no BOE do 30 de Maio do 2018, comprométenos a implantar unha nova recollida selectiva antes do 31 de Decembro de 2020. Así pois, ademais de separar como xa facemos, os envases de plástico (contentor amarelo), de vidro (iglú […]
Con motivo do naufraxio do pesqueiro Sin Querer Dous, o Concello de Cambados, en representación de toda a cidadanía, quere mostrar a súa solidariedade cos familiares e amigos das vítimas. O naufraxio ocorrido no día de onte, 19 de decembro de 2018, encheu de pesar a veciños e veciñas de Cambados e nese sentido, esta […]
Este sábado ás 11.30 no Salón José Peña en Cambados inauguraremos a primeira edición da Festa do Albariño do Inverno, con actividades e actuacións musicais durante toda a xornada do sábado.
O 6 de xaneiro, o salón Peña acolle unha gala de nadal presentada por Isabel Risco e que contará coa participación do Mago Teto, Sue Moreno, Circo Chosco e Isla Letriska. Será ás 18:30, con entrada de balde. Ademáis, os centros culturais das parroquias acollerán varias actuacións, todas ás 18:00: -Centro cultural de Oubiña: 23 […]
A primeira das actividades é un ciclo de seis charlas formativas no centro de día para veciños que se encargan do coidado de familiares e outras persoas dependentes, que terán lugar nos meses de decembro, xaneiro e febreiro, en xornada de tarde, co obxectivo de comprender mellor as situacións de dependencia e atopar recursos que […]
Cambados prendeu o alumeado de Nadal, nun acto ao carón da árbore instalada na Praza do Concello e ao que estivo convidada toda a veciñanza e deu a saida as numerosas actividades de Nadal programadas. Ademáis, este ano, baixo o titulo de “Próxima Parada: o Nadal”, o Salón Peña convertese nunha Estación de Tren Temática […]
Actividades de información, abertas ao público, sobre os novos itinerarios formativos que terán lugar no primeiro semestre de 2019. Realizaranse entrevistas de selección e recollida de preinscripcións ás persoas interesadas. DEPOINTEGRA XOVEN_ itinerarios formativos destinados a menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil. Formación específica+ inglés+ informática+ Busca de emprego+ Igualdade+ prácticas en […]