DEGUSTA EUROPA

Esta mañá celebrouse na Praza de Abastos de Cambados a degustación “Degusta Europa”, con receitas típicas de Europa elaboradas con productos típicos das Rías Baixas. Estas receitas foron elaboradas polo alumnado do centro de FP de hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra.

A DEPUTACIÓN APROBA MÁIS DE 18000€ AO CONCELLO DE CAMBADOS PARA A ADECUACIÓN DO QUIOSCO DE TORRADO

O goberno provincial concedeu xa o 81% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 733619,68€ A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, ven de outorgar unha axuda por importe de 18331,10€ ao Concello de Cambados para a adecuación do quiosco de Torrado. A subvención […]

INTERCAMBIO IES RAMÓN CABANILLAS– LYCÉE PAUL PAINLEVÉ (OYONNAX, REXIÓN FRANCESA DE RÓDANO-ALPES)

Hoxe, un grupo de alumnado de intercambio, acompañado por dous profesores, foron recibidos no Concello de Cambados.Trátase dun grupo de 15 alumnos que ten entre 16 e 18 anos. Realizaron un paseo polo barrio de San Tomé ata as Ruínas de Sta. Mariña, acompañados dunha guía local. Están do 7 ao 14 na casa das familias cambadesas, […]

FESTA DA BICICLETA

Este domingo celebrouse en Cambados a Festa da Bicicleta, unha edición marcada polas malas previsións meteorolóxicas pero na que non faltou participación. Aproximadamente 800 persoas déronse cita para desafiar a unha climatoloxía que finalmente ofreceu unha tregua permitindo así completar un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros que saíu ás 11 da mañá da Praza de […]

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE CATRO AUXILIARES DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO E CAMBADOS EN ÉPOCA ESTIVAL

ANUNCIO   Asunto: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE CATRO AUXILIARES DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO E CAMBADOS EN ÉPOCA ESTIVAL. Con data de 9 de maio de 2016 a Acaldesa do Concello de Cambados, por avocación acordou aprobar as Bases e a convocatoria para a contratación temporal de 4 auxiliares de Policía Local. Modalidade do […]