O “ALBARIÑO NO CAMIÑO” REGRESA A CAMBADOS CON CATAS, CONCERTOS E ACTIVIDADES NO PARQUE TORRADO

O parque Torrado será este ano o epicentro da segunda edición de “Albariño no Camiño”, unha iniciativa que regresa ao Concello de Cambados da man do Xacobeo e coa colaboración do Consello Regulador da D.O Rías Baixas Desenvolverase do 1 ao 3 de xullo cun amplo programa de actividades de balde e a participación de […]

O camposanto máis melancólico do mundo súmase á “Semana dos cemiterios” de ASCE

O Concello de Cambados, como membro da Asociación Europea de Cemiterios Singulares (ASCE) dende 2014, participará na Semana de posta en valor destes espazos de grande importancia histórica e artística, cunha visita guiada organizada pola Concellería de Cultura. Do 30 de maio ao 5 de xuño esta rede que inclúe auténticas xoias do patrimonio europeo, […]

“UN FEIXE DE CONTOS” DE CRIS DE CALDAS O MERCORES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS REI DE CAMBADOS

A Concellería de Cultura de Cambados, ofrece o espectáculo de narración oral “Un feixe de contos”, de Cris de Caldas, que terá lugar na Biblioteca Municipal o próximo mercores 1 de xuño, ás 11:00 horas. A este evento, coa entrada libre, pensado para adultos e aberto para todos os públicos en xeral, están convidadas as […]

LETRAS GALEGAS 2022 EN CAMBADOS

Dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán 12-19 de maio Exposición dos paneis sobre Florencio Delgado Gurriarán elaborados polos colexios e institutos de Cambados no Paseo da Calzada Venres 13 de maio 10:30 Recitación de poemas de Florencio Delgado Gurriarán por parte do alumnado dos centros de ensino cambadeses e actuación da Asociación Cultural BoudeBou no Paseo […]

O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O PLAN MADRUGA DO CURSO 2022-2023

O servizo mantén un custe total de 40 euros por todo o curso e xa se poden retirar as solicitudes na Biblioteca Luis Rei O Concello de Cambados volve a poñer en marcha un ano máis o Plan Madruga “Os/as primeiros/as do cole” durante o curso 2022- 2023, un programa dirixido ás familias que, debido […]

CAMBADOS CELEBRARÁ O FESTIVAL DOS MAIOS NA VINDEIRA FIN DE SEMANA

A Concellería de Cultura do Concello de Cambados, dirixida por Tino Cordal, organiza o Festival dos Maios, que se celebrará os días 29 e 30 de abril de 2022 no Parque de Torrado. Neste festival poderán participar os grupos, as asociacións ou os centros educativos que o desexen, que deberán inscribirse na Biblioteca Municipal Luís […]

O CORO COMPOSTELÁN CAPELA ANTIGA CANTARÁ EN CAMBADOS O 8 DE ABRIL

O Concelleiro de Cultura de Cambados, Tino Cordal, anunciou esta mañá que o coro Capela Antiga, dirixido por Miro Moreira, dará un concerto de música sacra vocal en Cambados o vindeiro venres 8 de abril, ás 21 horas. A actuación programada pola Concellaría de Cultura preséntase co título “Mestres da Capela de Santiago: un mundo […]

DORIAN E AMAIA ÚNENSE AO CARTEL DE CONCERTOS DA LXX FESTA DO ALBARIÑO

Saen á venda as entradas para os concertos na Praza de Fefiñáns As entradas para os concertos de AMAIA e DORIAN, xunto coas de MORAD e BENY JR, saen á venda este venres 1 de abril ás 12 do mediodía en ataquilla.com, a un prezo de 5 euros (máis 1 euro de gastos de xestión). […]

TANXUGUEIRAS, MORAD E BENY JR ACTUARÁN NA LXX FESTA DO ALBARIÑO

O Concello de Cambados confirmou o concerto de Tanxugueiras na LXX Festa do Albariño, que terá lugar na Praza de Fefiñáns o martes 2 de agosto, ás 22:30 horas. A entrada será gratuíta ata completar aforo, pois o recinto da praza estará valado e haberá estritos controis de seguridade en todos os concertos. Ademais, segundo […]