CONDOLENCIAS POLO FALECEMENTO DE LUIS REI

A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar a familiares e amigos, as máis sinceiras condolencias polo sentido falecemento de Don Luís Rei, Técnico de Cultura deste concello; persoa entrañable e cunha grande e brillante traxectoria profesional durante os anos que desenvolveu o seu traballo no noso concello. Hoxe ás 12:30 horas, gardouse un […]

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

INFORMACIÓN E SOLICITUDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CAMBADOS A Xunta de Goberno Local, en sesión do 20.07.2015, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados, para o […]

OFERTA DE EMPREGO PUBLICO

Precisanse docentes para un curso de “Operacións básicas de restaurante e bar” Previsto polo  Concello  de Cambados dentro das  acións formativas dirixidas prioritariamente a persoas  desempregadas (AFD)   e  que vai ter lugar no Centro sociocultural “La Merced”. Este curso  ten  unha  duración de 318 horas ; vai  comezar o 24 de agosto e rematará  no […]

OFERTA DE EMPREGO NO POLÍGONO DO SALNÉS

A empresa Disalsa, adicada ao sector da alimentación, abrirá o vindeiro mes de outubro unhas novas instalacións no polígono industrial do Salnés. Trátase dunha sala de despece de polos, para a cal abre unha convocatoria para cubrir 22 novos postos de traballo. Os interesados e interesadas poden entregar o seu currículum na oficina de orientación […]

INAUGURACIÓN DA FEIRA ECOLOGICAL

O paseo da Calzada acolle estes días a terceira edición da feira Ecological, unha mostra de produtos ecolóxicos e de artesanía que dende hoxe ata o domingo 9 convirten a Cambados no punto de encontro dun sector en auxe, coa presenza de máis de 50 empresas do sector. Esta mañá celebrouse o acto de inauguración, a […]

MILLA URBANA E CICLISMO EN CAMBADOS

O Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 7 de agosto, a partir das sete da tarde no Paseo marítimo de Cambados, disputarase a XXI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: os nenos de 10 a 13 anos correrán 800m, […]

MÉRCORES DE KARAOKE

Bótaslle kara ¿ou que? é o karaoke que Gas Natural presenta o vindeiro mércores en Cambados. As voces máis atrevidas da comarca encherán a Alameda do barrio de San Tomé a partir das 20.30 horas. Os interesados en subir ao escenario poderán gañar fantásticos premios e unha gran salva de aplausos. A entrada e inscrición no […]

PRESENTACIÓN DE OFERTAS SUBSTITUCIÓN DE CARPINTEIRÍA EXTERIOR NO CEIP DE CORVILLÓN

PROGRAMA: Plan Provincial Obras e Servizos da Excma. Deputación 2015. EXPTE: PPOS/2015/00608/2015000318. CONTRATO DE SUBMINISTRO: SUBSTITUCIÓN DE CARPINTEIRÍA EXTERIOR NO CEIP DE CORVILLÓN para mellora-lo rendemento enerxético e acústico da edificación. PREZO DO CONTRATO: 17.328,42 €, IVE 3.638,97 € Presuposto total: 20.967,39 €. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:   Cinco días naturais a contar dende o día seguinte ao da […]