Ulo Vermú? en Cambados

O Concello de Cambados en colaboración con Zona Centro e a plataforma para edición discográfica de Cambados, Ulomanía Coop, organizan un ciclo de música na rúa durante este mes de agosto. Ulo Vermú? é un ciclo de música na rúa, organizado polo Concello de Cambados e Cambados Zona Centro, e coa colaboración coa plataforma para edición […]

XVII Xornadas de Exaltación da Vieira

O 14 e 15 de xullo celebraranse en Cambados as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira organizadas por Porto de Cambados, S.L., coa colaboración da Cofradia de Pescadores San Antonio de Cambados, a Concellería do Mar da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados. Os showcooking que se van  realizar no Paseo da Calzada […]

CAMBADOS CONTRATARÁ A 5 PERSOAS PERCEPTORAS DA RISGA

O Concello de Cambados procederá nos próximos días á contratación de cinco veciños perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) para realizar traballos de conservación e mantemento do conxunto histórico-artístico e os principais parques de Cambados, entre outros cometidos. O programa de contratación temporal de persoas en risco de exclusión social ten como […]

CAMBIO DE SENTIDO NA AUTOESCOLA EN CAMBADOS

O xoves, día 5 de xullo de 2018, levamos a cabo este Programa preventivo na Autoescola Sueiro. Realizaremos 1 actividade formativa, dirixida á poboación que está preparándose para a obtención do permiso de circulación. O horario de inicio está programado ás 11:30h. A xustificación deste tipo de intervención parte da alta incidencia do alcohol e […]

Foro do Día Internacional contra a Droga

O vindeiro martes 26 de xuño ás 20 horas terá lugar no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados un foro organizado polo Diario de Arousa con motivo da celebración do Día Internacional contra a Droga. Este interesante evento comezará ás 20 horas e contará coa presenza dos seguintes invitados: Enrique León (ex-Xefe da Udyco), Manuel […]

CHARLA SOBRE REUMATOLOXÍA EN CAMBADOS

A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados, que dirixe Tino Cordal, organiza unha charla sobre reumatoloxía en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega (LRG). O obxectivo fundamental desta actividade é informar sobre os problemas reumáticos e como poder prevelos, ou axudar a palialos. O 22% dos galegos e galegas padecen enfermidades reumáticas […]

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE O CONFLITO DA MEGAMINA EN TOURO E O PINO, ‘A AMEAZA DO COBRE’

“Por unha banda dinche que veñas ao rural, e por outra estanche cortando o teu medio de vida. Non sei a quen queren enganar”. A frase é dun dos gandeiros protagonistas do documental Touro – O Pino. A ameaza do cobre. No filme, de case unha hora de duración, abórdase o conflito xurdido nestes dous […]

A EXCURSIÓN A ONS PARA MAIORES DE 60 ANOS ADÍASE AO DÍA 14

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión gratuíta a Ons para maiores de 60 anos. A excursión estaba prevista para este xoves 7 pero debido ás condicións meteorolóxicas adíase ata o vindeiro 14 de xuño. O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do […]

CAMBADOS PRESENTA A LUDOTECA DE VÉRAN

O Concello ten previsto abrir o prazo de inscrición, dende o vindeiro luns 21 de maio ata o venres 8 de xuño, para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o […]