O Concello de Cambados quere contribuír a erradicar a violencia de xénero, unha lacra social que ademais de constituír unha grave violación dos Dereitos Humanos, afectános a tod@s. Unha sociedade non pode considerarse democrática tolerando o maltrato e o asesinato das mulleres, e por iso queremos visibilizar este problema loitando contra a violencia de xénero […]
O venres 23 de novembro, dentro da programación que este concello pon en marcha con motivo do 25 de novembro (día internacional contra a violencia de xénero), terá lugar en Exposalnés o café coloquio “mulleres diversas!” que organiza a concellaría de igualdade. Será ás 19:00, con entrada de balde.
O CIM da Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados organizan durante os meses de novembro e decembro as seguintes actividades: Actividades CIM Salnés: Novembro: Formación nos centros educativos de Cambados, Meis, Ribadumia e Vilanova de Arousa: Educación primaria: ABRE OS OLLOS Á IGUALDADE DE XÉNERO NO FOGAR Educación secundaria e […]
O CIM da mancomunidade do Salnés organiza unas charlas informativas sobre a devolución do IRPF e axudas á maternidade e paternidade, que en Cambados terá lugar o 13 de novembro, ás 19:00, en Exposalnés.
O sábado 27 de outubro o Concello de Cambados organizará por segundo ano o Simposio Internacional LGTBI de Galicia, un evento que sitúa á nosa vila na vangarda da defensa dos dereitos do colectivo LGTBI. O simposio terá lugar en Exposalnés, e contará coa presenza de representantes de diferentes países que exporán os seus diferentes […]
Este xoves día 11 ás 11:00, na Praza do Concello de Cambados, procederase á lectura do Manifesto do Día Internacional da Nena e á solta de globos. A fachada do Concello estará iluminada de cor rosa ao igual que moitos emblemáticos edificios arredor de todo o mundo. Estades invitad@s!! O programa de actividades será o […]
O salón de plenos do Concello de Cambados acollerá entre o 17 e o 28 de setembro a exposición “Sorrisos transformadores”, que poderá ser visitada entre as 9:00 e as 14:00 horas. O mércores 19, ás 11:00 farase un acto de inauguración no auditorio da Xuventude, coa presencia da presidenta de Deputación, Carmela Silva, e […]
A igualdade e a loita contra as violencias machistas segue a ser unha das prioridades deste Concello, polo que este ano a Festa do Albariño contará por primeira vez cun punto de atención ao que poderán acudir as mulleres que se sintan nunha situación de acoso. Este punto estará situado nunha carpa na entrada do […]
A concellaría de Igualdade do Concello de Cambados, que xestiona a alcaldesa Fátima Abal, convida a tódolos veciños e veciñas a asistir o sábado 7 de xullo, ás 20:30 no auditorio da Xuventude, á proxección do filme “9 de novembro”, a primeira película de temática LGTBI rodada en Galicia e que conta coa participación do […]
“Todos os seres humans nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”. Estas palabras corresponden á redacción do artigo primeiro da Declaración Universal dos Dereitos Humans e é o incuestionable fundamento que rexe o traballo das Corporacións Locais españolas, entidades lexítimas e garantes da defensa e protección dos dereitos e deberes de todas as persoas […]