Volven as Gangas de Curros Enriquez este sábado en Cambados

Os Comerciantes da Rúa Curros Enríquez volveran a sacar as gangas a rúa durante toda a xornada deste sábado 7 de xullo tralo éxito das xornadas celebradas ano pasado, dende ás 10:00h da maña, ás 21:00h en horario ininterrompido, desta maneira estase a  consolidar este evento na que os comerciantes desta rúa están a apostar […]

CHARLA EN CAMBADOS SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE EN TELEFONÍA E INTERNET.

O Concello de Cambados continúa enchendo de contidos o programa “Cambados Emprende”. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción Económica organiza para o próximo 14 de xuño unha charla aberta sobre telefonía e internet destinada a emprendedores e veciños en xeral. Será en Exposalnés ás 20.30 horas e a asistencia é gratuita previa inscripción no correo […]

A EXCURSIÓN A ONS PARA MAIORES DE 60 ANOS ADÍASE AO DÍA 14

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión gratuíta a Ons para maiores de 60 anos. A excursión estaba prevista para este xoves 7 pero debido ás condicións meteorolóxicas adíase ata o vindeiro 14 de xuño. O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do […]

CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS

O pasado 25 de maio entrou en vigor o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Trátase dunha nova regulación de ámbito europeo do tratamento dos datos que manexan as empresas e que, entre outras novidades, contempla multas que poderían chegar ata o 4% do volume de negocio anual da empresa. Por elo, desde o […]

DA ESCOLA AO MERCADO

O mercado ambulante de Cambados tivo está mañá uns postos moi especiais: un grupo de nenos de entre 5º curso do colexio Antonio Magariños que crearon a súas propias cooperativas acudiron a vender os seus produtos ao mercado dos mércores. Os alumnos montaron dous postos. Sobre eles, despregaron a súa variada mercadoría, na que abundaban […]

Fotografías, teatro e charlas para concienciar sobre a situación das persoas refuxiadas en Cambados

Cambados acollerá a partir do vindeiro martes 8 unha exposición fotográfica, con posterior charla do seu autor o mércores 16, que se desenvolverán no IES Francisco Asorei, e mais un espectáculo teatral para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas no Auditorio Municipal da Xuventude o venres 11. As actividades están organizadas pola Concellería […]

IV Festival dos Demos da Petaca a prol de GaliciAME no Auditorio Municipal de Cambados o 14 de abril

As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir na oficina de turismo de ExpoSalnés, no bar Mans de Gaiteiro e o mesmo día do festival no propio Auditorio da Xuventude de Cambados.

FEIRA DE SEMANA SANTA DO COMERCIO LOCAL

Arranca este Xoves Santo a I Feira de Oportunidades de Cambados de Semana Santa. Terá lugar os días 29, 30 e 31 de marzo en horario ininterrumpido de 11 a 22 horas no Salón José Peña. Nesta primeira edición participan once establecementos socios, que ofrecerán descontos de ate o 70%. Ás xornadas contarán con diversas […]