A Concellería de Cultura organiza por segundo ano consecutivo o concurso TES UN CONTO para celebrar o Día do Libro 2021, que terá lugar o 23 de abril. Ademais, para esa data tan especial, o departamento dirixido por Tino Cordal, xunto co Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil, preparou unha serie de talleres artísticos saudables […]
Mañá, xoves 8 de abril, darán comezo as obras na rúa Sevilla, que terán unha duración prevista de 44 días e consistirán na substitución de instalacións, canalización de augas e saneamento, así como na separación de fluviais e fecais. A rúa tamén terá un novo pavimento, con fresado previo, e unha nova sinalización, ademais de […]
O alumnado do obradoiro de emprego “Cambados Emprendedor” participou este luns 15 de marzo na campaña 1 m2 polos ríos do Proxecto Libera promovido pola ONG SEO Birdlife Máis de 8 millóns de toneladas de plástico chega ao océano cada ano. O plástico implica a norte de aves e peixes por inxesta ou porque quedan […]
O Concello vai repartir 24 libros e 24 rosas a cada unha das librarías cambadesas, que se entregarán ás primeiras 24 persoas que merquen un libro en galego nalgún deses establecementos o mercores 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro O Concello de Cambados únese un ano máis á celebración do Día de Rosalía […]
BASES CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2021 PRIMEIRA: poderán participar todas as persoas que o desexen. As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que ostentará a súa representación para todos os efectos que se deriven deste concurso. As asociación serán respresentadas polo/a presidente/a. SEGUNDA: establécense as seguintes categorías: Infantil: […]
Para que os nenos e nenas vexan aos Reis Magos, este ano será máis fácil que nunca, só terás que seguir estes sinxelos pasos: 1-Podes descargar a plantilla da carta na páxina web do Concello www.cambados.es ou nas redes sociais do Concello de Cambados. 2-Data límite para entregar a carta no buzón é o 26 […]
O Concello de Cambados recuperou e puxo en valor as antigas pezas do sistema hidráulico do Convento Franciscano no Día do Patrimonio Hoxe luns 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial. Na Concellaría de Patrimonio do Concello de Cambados traballamos para conservar, protexer e difundir o noso patrimonio documental, no que se […]
Ante o previsible aumento de usuarios dos cemiterios municipais a medida que se achegue o 1 de novembro, Día dos Defuntos, desde o Concello de Cambados publicouse un cartel no que aparecen distintas recomendacións para evitar contaxios por Covid-19 nos camposantos. Ademais das consabidas máscaras e distancia de seguridade, establécense grupos dun máximo de catro […]
Hoxe 23 de Outubro a partires das 18.00 horas, terá lugar a terceira xornada do proxecto O CAMIÑO SOSTIBLE, que se celebrará no Auditorio Municipal (Rúa San Francisco, 12) no CONCELLO DE CAMBADOS como ubicación e sede desta derradeira xornada. O Camiño Sostible é unha actividade de Dinamización, e na súa esencia, un proxecto que […]
– Incrementase a 31.300 euros as axudas a ensino e transporte escolar para este ano, e mantéñense en 120.000 euros as axudas a entidades sen lucro, o prazo de presentación das axudas finaliza o vindeiro 5 de novembro. – Cambados habilita a Biblioteca Luís Rei mediante o servizo de cita previa para presentar no Rexistro […]