GOLF SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO

O Campo de Golf de Meis celebra a III  Semana de Ouro do Albariño Concello de Cambados do 22 ao 28 de xullo. Este torneo será patrocinado polas adegas Pazo Señoráns, Lagar de Pintos, Paco&Lola, Terras de Asorei e Martin Códax. O campionato constará de cinco probas clasificatorias e unha gran final que se disputará […]

PRESENTACIÓN DO LIBRO EN XAPONÉS A ROSA DE CEN FOLLAS, XVI PREMIO RAMÓN CABANILLAS

O vindeiro 26 de xullo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Luís Rei levarase a cabo á presentación do libro en xaponés  A ROSA DE CEN FOLLAS a cargo de Takekazu Asaka. Posteriormente o día 27 de xullo as 20:30 horas no Auditorio Municipal A Xuventude Celebrarase a XVI edición do premio  RAMÓN CABANILLAS.

5ª xuntanza de bandas xuvenís Vila de Cambados

O domingo 2 de xuño, ás 19h, o Salón José Peña acolle a 5ª xuntanza de bandas xuvenís “Vila de Cambados” coa participación da banda infantil da escola de música e conservatorio municipais de Cambados; a banda xuvenil da escola de música de Salvaterra de Miño; e a banda xuvenil da escola de música e […]

Fin de curso na escola de música e conservatorio

Con motivo do fin de curso na escola de música e o conservatorio municipais de Cambados, entre o 3 e o 7 de xuño serán celebradas unha serie de audicións. Ademáis o venres 24 de maio terán lugar as probas de acceso ao grao profesional. Tamén se publica o calendario de avaliacións.

A escola de música e o conservatorio municipais celebran as Letras Galegas

A escola de música e o conservatorio municipais celebran as Letras Galegas, que este ano están adicadas a Antón Fraguas Fraguas. O 14 e 15 de maio haberá actuación no hall do centro durante os cambios de clase, e o venres 17 ás 13 horas celebrarase un concerto da Banda de Música de Castrelo co […]

CONCURSO DE CARTEIS DA LXVII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO

Neste ano 2019 a Festa do Viño Albariño encontrarase na súa LXVII edición e será por primeira vez considerada como Festa de Interese Internacional. Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados tentouse recuperar desde o primeiro momento deste mandato o histórico concurso de carteis que viña definindo e divulgando a  imaxe da festa […]