O venres 11 de maio ás 20:00 en Exposalnés terá lugar a presentación do libro “Terra queimada”, de Ramón Caride. O acto, que forma parte da programación adicada ás Letras Galegas, estará presentado por Víctor Caamaño (concelleiro de Cultura), Carlos Solla (escritor e historiador) e Ramón Caride (autor)
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Concello de Cambados pon en marcha unha programación durante todo o mes de maio. Este ano adícase a María Victoria Moreno. 11 Maio (venres) Ás 20:00 horas en Exposalnés presentación do libro de Ramón Caride, “Terra queimada”. 12 Maio (sábado) Ás 19:00 horas no Parque de Torrado, […]
O venres 4 de maio abre as súas portas Saudarte Cambados 2018. A decimoquinta edición da exposición, comisariada por Augusto Guedes, será inaugurada o venres ás 11h da mañá na Sala Exposalnés de Cambados, onde permanecerá do 4 ao 27 de maio. Asistirán ao acto numerosos artistas participantes na mostra pertencentes aos IES Francisco Asorey, IES Ramón […]
A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXVI Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª.Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª.Carteis: Os orixinais deberán ser inéditos e […]
Durante a semana do 23 ao 27 de abril, a Escola Municipal de Música e o Conservatorio celebran as súas xornadas de portas abertas. E o 3 de maio, a banda de música xuvenil ofrece un concerto didáctico cunha batalla de estilos e instrumentos, clásicos e actuáis.
O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición de escultura de Soledad Penalta: “cal é a carga precisa da pregunta?”, que terá lugar o venres 13 de abril. A mostra poderá ser visitada no espazo de exposicións de Torrado entre o 13 de abril e o 3 de xuño, de martes a […]
Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano. […]
A Escola Municipal de Música e o Conservatorio Municipal organizan a vindeira semana as audicións de primavera, ás 18:00 e 20:00. Ademais, o xoves 22 ás 20:00 a Banda de Música Xuvenil ofrecerá o concerto “Músicas que soan na radio”