O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición que terá lugar o venres, 15 de xuña, ás 20h. A exposición poderá ser visitada do 15 de xuño ao 15 de xullo, de martes a domingo entre as 18 e as 21 horas.
O domingo 10 de xuño, o salón Peña acolle a cuarta xuntanza de bandas xuvenís, que contará coa Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Cuntis (dirixida por José Varela), as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS Municipais de Cambados (dirixidas por Daniel Filgueira) e coa actuación especial da Banda de Música de Castrelo […]
O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados, convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”. DIRIXIDO ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade. MODALIDADES POESÍA: cunha […]
Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén. Cun directo potente, fluído e comprometido mestura o country cos estilos blues e rock deixando a […]
O 17 de maio ás 13:00 no Paseo da Calzada haberá un concerto a cargo da banda de música de Castrelo para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno.
Esta tarde, ás 20:00 en Exposalnés, preséntase o libro-cd “Herdeiras”, nun acto que contará coa proxección da curtametraxe “Bucle”, de Margarita Ledo. E o venres 18 ás 20:00 no Auditorio da Xuventude interpretarase o concerto “Herdeiras”, con Carmen Penim (voz), Maurizio Polsinelli (piano), Javier Rabanal (contrabaixo) e Noli Torres (batería).
AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS MARTES, 15 DE MAIO 19:00h Entrada Normal: 3.50€ Entrada Reducida: 2.50€ (pensionistas, xubilados, desempregados, estudantes, maiores de 65, menores de 18) A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura […]
A concellería de Cultura do Concello de Cambados ven de facerse cun fondo bibliográfico de cincuenta obras da escritora á que Galicia lle dedica as Letras do ano 2018, María Victoria Moreno. Profesora, escritora, tradutora, filóloga, bibliófila e libreira… a importancia da homenaxeada coas Letras galegas deste ano non lle foi allea aos libreiros de […]
O sábado 12 de maio, ás 12:30 no espazo de exposicións de Torrado, Soledad Penalta estará con nós para percorrer os segredos da súa exposición “cal é a carga precisa da pregunta?”. Para inscribirse na actividade, poden facelo a través do correo pazotorrado@gmail.com (prazas limitadas). A exposición pódese seguir visitando da forma habitual ata o […]