REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A SITUACIÓN DO LIBRE MARISQUEO

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A SITUACIÓN DO LIBRE MARISQUEO

Este venres ás 19:00h, celébrase no Salón Peña a reunión informativa que a Confraría de Pescadores manterá co sector do mar para explicar a situación na que se atopa o libre marisqueo.

Esta xuntanza súmase a outras mantidas ao longo das últimas semanas nas diferentes vilas da nosa ría, nas que se reclamou a urxencia da posta en marcha dun plan de rexeneración das zonas de libre marisqueo, así como a unión de todo o sector na defensa da ría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.