ORDE do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211008/AnuncioC3K1-071021-14_gl.htmlAs medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 9 de outubro de 2021


USO DA MÁSCARA

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas .
  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


EXCEPCIÓNS:

  • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
  • No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
  • Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre ou na vía pública, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. 
  • Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.


VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Lugares de culto: 90% da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 20 persoas  por túmulo sexan ou non conviventes.
  • Congresos, actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 90% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado. Espazos de exposición: 75%
  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 90% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 90% da súa capacidade máxima permitida. O público deberá permanecer sentado. Actividades con público de pé: 50% da capacidade máxima permitida.

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:​    • Ao aire libre: Público sentado: 100 %    • Recinto pechado: Público sentado: 80 %


PRAIAS E PISCINAS

  • Piscinas ao aire libre e cubertas:  90% da capacidade máxima
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 75 % teñan ou non cabina.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 75% se non despoñen delas.
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


 PARQUES ACUÁTICOS

  • Aforo: 90% da capacidade máxima.
  • Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos: 100 % cabinas e 50 % non cabinas.


DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

  • Tantas prazas como dispoña o vehículo.​
  • Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.


ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

    • Plan de hostalaría segura: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Novo-Plan-hostalaria-segura​

    • Nivel 1c (unha cunchiña)

        ◦ Interior :75% da capacidade máxima permitida. Máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas ​

        ◦ Terrazas: 90%  da capacidade máxima permitida. Máximo 20 persoas por mesa ou agrupación de mesas 

        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros.

        ◦ Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia).

    • Nivel 2c (dúas cunchiñas):

        ◦ Interior : 90% da capacidade máxima permitida. Máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas 

        ◦ Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida. Máximo 20 persoas por mesa ou agrupación  de mesas  

        ◦ Barra: Individual ou  cun máximo de 2 conviventes ou mesma burbulla mantendo a distancia de seguridade 1,5 metros con outros usuarios.

        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.

        ◦ Distancia de seguridade entre clientes  dunha mesa e da contigua : 1,5 metros.

        ◦ Rexistro de clientes no caso de comidas e cenas.

        ◦ Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación continua         

    • Nivel Seguridade: Situación extraordinaria a decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública    

        ◦ Interior :30% da capacidade máxima permitida.Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas 

        ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas  

        ◦ Horario do peche ao público: 23.00 horas

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

Plan de lecer nocturno de Galicia: 

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Lecer-nocturno ​

    • Obrigatorio o uso das máscaras.

    • Distancia de seguridade: 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas así  como nas zonas de tránsito.

    • Consumo nas terrazas sentado. 

    • Non se permite o consumo en barra.

    • Zona de baile: 3 metros cadrados da pista por cada usuario

    • Permítese o consumo de pé ( distancia interpersoal: 1,5 metros)     

• Nivel 1c (unha cunchiña)

    • Interior :50% da capacidade máxima permitida cun máximo de 2.000 persoas. Máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

      • Terrazas: 75%  da capacidade máxima permitida. Máximo 20 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

    •  Horario do peche ao público: 3.00 horas.

    • Rexistro de clientes.

    • Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia). Non superación 1.000 ppm de CO2

• Nivel 2c (dúas cunchiñas):

    • Interior :75% da capacidade máxima permitida cun máximo de 2.000 persoas. Máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

    • Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida. Máximo 20 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

        • Horario do peche ao público: 4.00 horas.

         •  Rexistro de clientes.

         •  Presentación dun certificado COVID dos clientes:

Pauta completa dunha vacina contra COVID-19 

Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos ou

Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses (caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR).

         •  Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación continua. Non superación 1000 ppm de CO2          

 • Nivel Seguridade:   

       ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida. Consumo sentado

        ◦ Horario do peche ao público: 1.00 horas

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 75% da súa capacidade.
  • Albergues turísticos: 100% cando se trate de grupo “burbulla” ​ou unidade familiar e 50% da capacidade no resto dos supostos.


ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 90% da súa capacidade total.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 90% de capacidade total en cada un deles.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • Establecementos de mais de 2.500 metros: Sistema de control de número de persoas existente.​


ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

  • Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: Límite do 90% da súa capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 75 %.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 90% de capacidade total en cada un deles.
  • Sistema de control de número de persoas existentes.
  • Permitirase a utilización das zonas recreativas (zonas recreativas, ludotecas, parque infantís ou áreas de descanso) respetando a capacidade permitida para as zonas comúns 


MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.
  • Mercados con máis de 250 postos autorizados: 90% dos postos habituais ou autorizados.


CENTROS DE LECER INFANTIL

  • Capacidade máxima tanto no interior como no exterior 90%.


ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.

  • Albergues e campamentos xuvenís: 75% da súa capacidade máxima
  • Campamentos: Tendas de campaña: 75% da súa capacidade máxima


ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

  • Ao aire libre e en instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos coa utilización de máscara
  • Instalacións deportivas cubertas: límite 90% da capacidade máxima permitida.
  • Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 90 %
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas: 75% teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 75% se non despoñen delas.


Federada:

  • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.


ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 90%.


ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS .

  • Poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 90% de ocupación.


FESTAS,  VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES

  • Deberán realizarse en espazos acoutados
  • Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación natural.
  • Pódese bailar, sempre con máscara.
  • Poderá preverse o servizo de comida e bebidas se se realiza en espazos habilitados. O consumo realizarase fóra da zona de baile.
  • Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.
  • A venda/reserva de entradas, de ser o caso, será por adiantado, con rexistro previo dos asistentes.
  • Seranlle de aplicación os protocolos accesibles no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre


ESPECTÁCULOS MUSICAIS ARTÍSTICOS

Ao aire libre con público de pé:

66% da superficie útil do recinto

Con público sentado:

90 % da capacidade permitida


ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Puntos diferenciados de entrada e saída.
  • Non se permiten as piscinas de bolas.  
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria (sempre que non se poida manter a distancia de seguridade).
  • Poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles sempre que se garante o mantemento da distancia de seguridade.
  • Se non se mantén dita distancia: Atraccións con asentos incorporados : 75% 
  • Atraccións inchables: 75% da súa capacidade.


PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO

  • Capacidade máxima permitida: 90%.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 75% se non despoñen delas.


CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

  • Capacidade máxima permitida: 90%.
  • Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos e espazos similares​: 90% da súa capacidade.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

CONSULTAR NIVEL DE RESTRICIÓNS POR CONCELLOS AQUÍ

*Fonte: SERGAS