RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Por parte de D. A******** F********* R*********, en representación dos Hosteleiros da Praza das Rodas, vense de interesar desta Alcaldía a posibilidade de pechar ó tráfico dita zona, durante a ponte da Constitución, ó igual que xa se ten efectuado noutras ocasións, co fin de garantizar a seguridade vial e o acceso a residentes e conciliar ó mesmo tempo o seu uso coa actividade comercial que se desenvolve na zona.

Tendo en conta que para elo resulta necesario manter un reparto equitativo do espazo público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía; visto o informe emitido no seu día polo Inspector-Xefe da Policía Local, no que se recollía que de acordo co disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e de Seguridade Vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, e entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario, e tendo en conta tamén a experiencia dos últimos meses, que resultou altamente positiva, esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle recoñece a vixente lexislación, por medio da presente ten a ben

 

RESOLVER:

1º.- Acceder ó peche ó tráfico rodado da Praza Rodas o fins de semana da Constitución, dende as 14’00 horas do venres, día 4 de decembro de 2015 ata as 8’00 horas do mércores día 9 de decembro de 2015, co obxecto de garantir a seguridade vial, permitindo só o acceso a dita zona por parte de residentes para entrada a garaxes.

2º.- Habilitar en todo caso o acceso á citada Praza Rodas dos vehículos que circulen en servizo de urxencia, debendo realizarse dita entrada dende a Praza da Leña, para o que se procederá por parte da Xefatura da Policía Local a efectuar e sinalizar os cambios que resulten necesarios aos indicados efectos.

3º.- Que se publique a referida información, na páxina web do Concello, dándoselle tamén a máxima difusión a través dos diferentes medios de comunicación; e,

4º.- Que se lle dea traslado da presente Resolución á Xefatura da Policía Local, mediante copia, a fin de que se poña en coñecemento dos diferentes servizos de seguridade: Bombeiros, Protección Civil, Urxencias Médicas 061, Emerxencias 112, Garda Civil, Corpo Nacional de Policía e Policía Autonómica, para o seu cumprimento.

 

Cambados, a 25 de novembro de 2.015


Descargar: RESOLUCIÓN ALCALDÍA.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.