REPARTO DE COMPOST EN CAMBADOS

Mañá dia 12 de xaneiro o concello de Cambados repartirá por primeira vez o compost resultante do centro de compostaxe comunitario de O Pombal, este centro de compostaxe tivo moi boa acollida por parte da veciñanza, co que se fixo necesario solicitar unha ampliación do mesmo, para dita ampliación xa se conta coa autorización por parte de Costas.

Máis de catorce veciños participantes confirmaron a asistencia para a recollida do compost resultante, do que se encargará a Técnico de Diputación dende as 12h ata as 13h e de 17h a 18h.

A forte aposta realizada dende o Concello e a Deputación de Pontevedra polos plans de compostaxe comunitario e individual “ PLAN REVITALIZA” amosa unha vez máis a implicación co Medio Ambiente dende estas institucións.

Por último, cave sinalar, que a vindeira semana se repartirán 20 composteiros individuais, reforzando así o sistema de compostaxe e acadando un total de 65 composteiros instalados no concello.

Dende a Concellería de Medio Ambiente, xestionada por Mª José Cacabelos, dan as grazas aos veciños que colaboran en ambos tipos de compostaxe e recordar que poden seguir solicitando os mesmos no rexistro do Concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.