Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos.
Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo.
Continuaremos con esta actividade formativa nos centros de educación secundaria ó longo do seguinte trimestre.
Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, coa fin de informar á cidadanía da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.