No Pleno Ordinario do mes de xaneiro a Concellería de Deportes presentará unha proposta de Regulamento de Réxime Interno para aplicar na piscina municipal de Cambados. Será obxecto deste Regulamento, definir o funcionamento, uso e goce da Piscina Municipal de Cambados. Considérase que unha infraestructura municipal deste tipo non debe estar en funcionamento sen a existencia dun documento ou normativa que regule o seu uso e no que queden claros os dereitos e deberes dos xestores da instalación, así como o dos usuarios/as.
Ditas instalacións creáronse coa intención de fomentar o deporte e a educación física e procurar o desenvolvemento integral das persoas, e co gallo de obter o mellor funcionamento para os veciños e veciñas do Concello. O presente servizo se está a prestar polo sistema de xestión indirecta, mediante concesión de servizo público, ata que se acorde pola Corporación o cambio na forma de xestión.
O presente Regulamento terá por obxecto facilitar ao usuario/a que cumpra os requisitos establecidos na normativa de acceso ás instalacións e determinar a que servizos ten dereito.
No non previsto no presente Regulamento Regulador do Servizo rexerá o disposto no Regulamento sanitario das piscinas de uso colectivo a nivel estatal e/ou autonómico e aquelas outras normas aprobadas polo Concello, como o Anteproxecto de explotación da Piscina Climatizada Municipal de Cambados.
Calquera modificación respecto á presente normativa, será comunicada aos usuarios/as coa suficiente antelación.