O evento, organizado pola Concellería de Cultura, desenvolverase os días 5, 6 e 7 de maio
Cambados volverá a recrear o momento de auxe do mercado de Fefiñáns e a importancia que tivo para a vila e a comarca coa celebración da segunda edición de “Cambados Histórica”.
A Praza de Fefiñáns encherase durante a fin de semana do 5 ao 7 de maio de mercaderes e artesáns que reproducirán un dos mercados máis importantes do Salnés e da ría de Arousa durante os séculos XVI e XVII, xa na Idade Moderna.
Postos de comida, música e animación e espectáculos de circo e lume completarán o evento organizado pola Concellería de Cultura, no que a ambientación estenderase ata o centro de Cambados e San Tomé.
O mercado inaugurarase o venres 5 de maio, ás 19 horas, con ambientación musical, dragón incluído, e o Contacontos “Ashdrok a árbore”.
Posteriormente terá lugar unha Ruada musical dende Fefiñans ata a Praza de Alfredo Brañas, e espectáculos de música, circo e lume ata que peche o mercado ás 22.30 horas.
O sábado, 6 de maio o mercado abrirá de novo ás 11 horas cunha completa axenda de actividades por diante.
11:00 Apertura do mercado 11:30 Os Viaxeiros de Mundos
12:00 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns 13:00 Ashdrok, a árbore contacontos
13:30 O dragón e os seus músicos. A gozar! 13:45 Espectáculo de circo. Trasgos do aire.
Trala parada para o Xantar, o programa reanúdase.
18:00 Bosque Encantado
18:30 O ritmo está na rúa de San Tomé ata Fefiñáns 20:00 Os Bufóns da corte
20:15 O dragón e os seus músicos. A gozar! 21:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns
22:00 Nómades do Vento, espectáculo de circo e lume.
O domingo, 7 de maio, trala apertura do mercado ás 11 horas:
11:30 Os Viaxeiros de Mundos de San Tomé ata Fefiñáns 12:00 O ritmo está na rúa de San Tomé ata Fefiñáns 12:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns
13:00 Ashdrok, a árbore contacontos
13:30 O dragón e os seus músicos. A gozar! 13:45 Espectáculo de circo. Trasgos do aire.
Trala pausa para o Xantar ás 14.30, reanúdanse as actividades.
17:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns 18:00 Bosque Encantado
19:00 O dragón e os seus músicos. A gozar! 20:00 Os Feiticeiros
21:30 Ruada de despedida. Música e personaxes!
E todos os días, en horario do mercado, recuncho infantil con xogos e atraccións ecolóxicas.
Ademais, a partir do martes 2 de maio haberá traxes históricos para ser alugados por quen o desexe no local de Zona Centro situado na rúa Nova de Cambados.
Dende a concellaría de Cultura anímase a cambadeses e cambadesas a revivir durante esa fin de semana unha época histórica para Cambados. “Queremos consolidar esta celebración que encaixa moi ben coa historia da nosa vila. Cambados ten potencial para ter unha feira histórica de relevancia e ser un referente tamén neste ámbito festivo”, manifestou Tino Cordal.