Reciclar en Cambados ten premio!

Reciclar en Cambados ten premio!

A Tropaverde de Cambados, está activa na nosa vila! A partir de agora, podemos conseguir recompensas polas nosas boas accións medioambientais grazas aos negocios cambadeses participantes nesta iniciativa verde!
No Punto Limpo a cidadanía poderá recibir os cheques da Tropaverde pola entrega dos seus residuos e que canxearán na web https://cambados.tropaverde.org/ e cos que conseguirán premios no comercio local.


Obteranse puntos tamén por compostar, doar roupa ou reciclar aceite, enviando fotografías destas accións a info@tropaverde.org. Deste xeito, poderemos tamén inspirar a moitas outras persoas a coidar do planeta!


Esta iniciativa verde segue crecendo! Es seguirá facendoo grazas a adhesión ó proxecto de distintos negocios da localidade e a implicación e compromiso da Asociación Cambados Zona Centro.
Polo momento xa temos incorporados: Acurrúcate (Colchonería), A Tu Vera Moda, Evasse (roupa e complementos), Florería Hedra e Moaré (accesorios e roupa) con xenerosas recompensas para motivar á cidadanía de Cambados a coidar do noso entorno!
Nas redes sociais de Tropaverde Cambados pódense seguir as novas incorporacións de establecementos colaboradores. IG @tropaverdecambados FB /tropaverdecambados Se outros negocios se queren sumar á Tropaverde, só teñen que escribir a info@tropaverde.org.

Que é Tropaverde?

Tropaverde é unha plataforma web que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais.

A web tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo:

  • cidadanía
  • os lugares onde os cidadáns e cidadás podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques da Tropaverde
  • aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos

Como funciona Tropaverde?

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado Gaña estrelas da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas o cidadán ou cidadá pódeas ir acumulando na súa conta (previa alta de balde na web) para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado Recompensas. As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran coa plataforma.

Recompensas

Ver todas as Recompensas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.