Realizado o sorteo da praza para a viaxe de Venecia

Realizado o sorteo da praza para a viaxe de Venecia

O concello de Cambados realizou durante a mañá do martes o sorteo da praza ofertada para un cambadés ou cambadesa ao intercambio a Venecia. Foi realizado no Salón de Plenos do Concello pola alcaldesa Fátima Abal e o Concelleiro de Xuventude Miguel Pérez Osorio e en presenza da prensa e dalgúns veciños e veciñas actuando de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

A agraciada é Ariadna Oubiña Rey. Da mesma forma foi elexida a primeira suplente Adriana Güimil Fuentes e a segunda suplente Ana Abal García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.