RASTREXO CAMBADOS 2019

RASTREXO CAMBADOS 2019

– DESCRICIÓN
Andaina de equipos onde se fai un percorrido a pé no cal os participantes, con apoio dun mapa, han de pasar nunha orde preestablecida un número de puntos/controis onde terán que atopar un sobre cunhas instruccións ou pistas que haberá que interpretar e tamén realizar ou resolver probas.
– PARTICIPANTES
Aberta á toda a poboación e especialmente dirixida ao público infantil e xuvenil, cun claro carácter participativo, non competitivo.
Os participantes dispoñeranse en equipos (mínimo 3 e máximo 8 persoas).
Os equipos formados por nenos entre 4 e 13 anos deberán ir acompañados dun adulto.
– PERCORRIDO
Percorrido circular, de 3 km aproximadamente, ao aire libre pola ruta de sendeirismo A Pastora-Umia.
Saída e chegada: Monte da Pastora (Cambados).
– DÍA
Día 16 de marzo de 2019
– HORA/DURACIÓN
Hora de Saída ás 11:00 h. Duración aproximada de toda actividade 3 horas:
de 10:30 a 13:30 h
– PREMIOS
Medallas ou diplomas de participación para todos os participantes.
Trofeos representativos de ouro, prata e bronce para os tres equipos mellores clasificados.

Diptico RASTREXO

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.