PROXECCIÓN DO FILME “O FILLO DE MANUEL”

PROXECCIÓN DO FILME “O FILLO DE MANUEL”

O próximo sábado no Auditorio da Xuventude, proxectarase o filme amateur  “O fillo de Manuel”.
As entradas para o espectáculo están venta na Oficina de Turismo.

Integrantes do grupo de teatro Alecrín rodaron o filme integramente no Salnés e protagonizada polos actores desta compañía, proxectarase este sábado no auditorio municipal. Titúlase “O fillo de Manuel” e conta a historia dunha parella cuxo destino quedará marcado pola emigración.

Dous anos levan os integrantes de Alecrín rodando e producindo a película que agora estrean en Cambados despois da sua estrea en Ribadumia. Os escenarios, tanto interiores como exteriores, localízanse na comarca arousá. A película conta a historia dunha parella que reside no medio rural nos anos corenta e que verá como o seu destino márcao a emigración.