PROXECCIÓN DE PELÍCULAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

PROXECCIÓN DE PELÍCULAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A vindeira semana conmemórase o día da muller traballadora, e con este motivo o Concello de Cambados proxectará dúas películas, o mércores e o xoves, no Auditorio Municipal da Xuventude.

As entradas serán gratuítas para ambas películas, e estarán dispoñibles na secretaría de alcaldía ata completar aforamento.

A primeira película en ser proxectada, o mércores 9 ás 18:00, trátase da cinta de animación Brave (indomable), que narra as aventuras de Merida, a indómita filla do rei Fergus e da raíña Elinor. Merida é unha hábil arqueira que decide romper cun antigo costume sagrado para os señores da terra: o xigantesco Lord MacGuffin, o malhumorado Lord Macintosh e o cascarrabias Lord Dingwall. As accións de Merida desencadean o caos e a furia no reino. Ademais, pide axuda a unha sabia anciá que lle concede un desexo moi desafortunado. A rapaza terá que afrontar grandes perigos antes de aprender o que é a auténtica valentía.

 

O xoves 10 ás 20:30 proxectarase a película Piedras que narra a historia de cinco mulleres que, zapato en man, percorren as rúas de Madrid á procura dun príncipe azul: unha muller cos pes planos que rexenta un clube, a súa filla que usa zapatillas deportivas, unha señora rica de pes pequenos namorada do seu podólogo, unha ex´deseñadora que sempre leva zapatos de tacón e unha taxista con babuchas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.